Día de San Martiño
Con motivo da chegada do outono, da celebración do magosto, do día de San Martiño ou por calquer outro motivo que nos leve a facer festa, no noso centro fixemos o 11 de Novembro :
"Unha Xornada de Xogos Populares" e a "I Baixada de Carrilainas"
Ao longo da mañá estivemos no patio por grupos nos que estaban nenos e nenas de 1º a 6ºde Primaria. Estos últimos como son os maiores fixeron de monitores.
Había no patio 25 xogos Populares polos que ibamos pasando en turnos. Estabamos 15 minutos e ...a cambiar de xogos. Todos nos pareceron moi divertidos.
Algúns deles foron:
Palma corrida |
A petanca |
|
|
O risco |
Carreiras de sacos |
|
|
Os Trompos |
Os Zancos |
|
|
Aros con guías |
Castelos de carozos |
Encaixe de Aros
Pero o momento máis esperado era o da "Baixada de Carrilanas" pola rampa de acceso ao centro. Durante os últimos días os nenos e nenas foron construíndo as súas carrilainas na casa coa axuda das familias para poder ese día participar.
Aquí baixa Martín co seu bólido | Rubén e o seu pai baixan noutro máis preparado. |
Aquí estan algunhas carrilainas preparadas para saír. Un, dous..... | .....e tres. |
Os profes e os pais e nais tamén se animaron a baixada. Aquí os vemos en plena carreira. A profe Bea parece que vai primeira pero... perdeu forzas e ao final non foi a gañadora.
E nun día coma o de San Martiño non podíamos deixar de facer o magosto. Ao acabar a baixada de carrilanas fixemos as fogueiras para comer as castañas asadas.
Estábanche moi boas e ademáis tiñamos fame despois de tanto xogar.
Os nenos e nenas de Educación Infantil no día seguinte xogaron tamén a eses xogos adaptados a súa idade. A eles tamén lle gustaron moito.
Estamos ao lado de Don Ourizo e Dona Castaña para facer unha foto con eles | Na clase vendo as cousas necesarias para facer o magosto. |
A verdade e que o pasamos moi ben. Gustáronnos tanto os xogos que durante este mes nos recreos vamos a seguir xogando con eles.