Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

GRADUACIÓN ALUMNADO 5 ANOS

Nesta situación tan excepcional que nos impediu realizar os actos de graduación habituais no centro, queremos dar a NORABOA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS polo seu final de etapa.

Benvidos á etapa de Educación Primaria!!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

O Equipo de Biblioteca quere facervos unhas recomendacións lectoras para o verán:

Recomendacións lectoras 3 a 7 anos Recomendacións lectoras 7 a 9 anos Recomendacións lectoras a partir 10 anos

3 a 7 anos                        7 a 9 anos                          A partir de 10 anos

A PITA FALADORA 2019/20 - Nº41

Como ben sabedes, hoxe é o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Como non o puidemos celebrar no cole, quixemos darvos unha sorpresa e publicar a nosa Revista anual o 17 de maio de 2020

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 41 (fai clic), e este ano é o primeiro número integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

Portada Pita Faladora nº41   Bandeira Galicia   Contraportada Pita Faladora nº41

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

Que gran acollida tivo a nosa proposta! Como nos alegramos!

Tras procesar a morea de fotos e vídeos que nos enviastes, aquí tedes o ansiado resultado. Agardamos que vos guste e sentimos os recortes que tivemos que facer para que non se nos extendera demasiado a composición.

Un saúdo e o noso agradecemento pola participación!! Os profes de Educación Física e psicomotricidade: Rubén, Conrado e José Ángel.

#DEFC2020

      

MENSAXE D@S PROFES: VÍDEO

Todo o profesorado do CEIP Nosa Señora dos Remedios queremos enviarvos unha mensaxe en forma de vídeo. Un graniño de area para intentar animar a todos os nenos e nenas e a toda a familia. Na distancia, seguimos estando ao voso lado e vos estrañamos.

Pero... PRONTO ESTAREMOS XUNTOS!!!


Moito ánimo familias, e moita saúde.

Unha aperta enorme de todo o profesorado.

ENTROIDO 2020

O pasado venres 21 de febreiro celebramos o Entroido no cole, logo de estar toda a semana ás ordes do Meco. Culminando cun gran desfile e chocolatada posterior para recuperar forzas. Aquí tedes mostra delo!

 

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro foi o Día da Paz. No cole celebramos durante toda a semana xogos cooperativos cos diferentes cursos dende o luns ata o xoves; e o venres, como acto final, celebramos o Día da Paz como se merece. Así foi como o festexamos!

 

FESTEXANDO O NADAL

O alumnado do noso cole deseñou postais de nadal coa temática dos PATIOS INCLUSIVOS, e como é habitual elaboramos unha exposición coas mesmas.

Tamén participaron activamente preparando adornos para as árbores de nadal das portas de entrada.

Aquí tedes o resultado:

 

 

O MAGOSTO NO COLE

Así celebramos o magosto no cole!!

O SAMAÍN NO COLE

Así foi como celebramos o Samaín no cole.

Distribuir contido