O día 12 do 12 de 2012, ás 12 horas e 12 minutos xuntámonos todos os membros da comunidade educativa no patio do colexio para realizar unha instantánea deste momento tan peculiar.
Emulando aos noso veciños do CPI da Virxen da Saleta de Cea, aproveitamos a ocasión para celebralo a base de "doce".
Coma en anos anteriores, desde o Equipo de Biblioteca e do EDL convocamos un concurso de postais de Nadal. Participou case todo o alumnado do centro. Os traballos presentados foron dunha grande calidade o que motivou que ao xurado non lle fose nada doado decidir cales foron os mellores traballos.
Coas postais gañadoras estamos a elaborar un almanaque que será entregado a todos os membros da comunidade educativa o último día de clase deste trimestre.
O alumnado do centro está a participar nunhas sesións de acrosport que se organizaron desde o área de Educación Física e coas cales están disfrutando moitísimo. No seguinte vídeo (clica na imaxe), podemos observar algún dos exercicios que levan realizado.
No blog de Educación Física "Boborás en xogo", podedes ver o mesmo vídeo dos exercicios, e tamén a ligazón a todas as fotos.(Clica abaixo).
O proxecto para participar no programa PROA de reforzo e orientación académica ao alumnado do 2º e 3º ciclo foi aprobado pola Consellería de Educación cun orzamento que ronda os 15.000 euros, feito que ten que concienciar a toda a comunidade educativa da súa importancia e motivarnos a para sacarlle o máximo rendemento posible.
As clases de reforzo educativo desenvolveranse a partir do mes de xaneiro e serán impartidas por dous mestres do colexio aos dous grupos que solicitamos: un para 2º ciclo e outro de 3º ciclo.
O horario será o seguinte: martes e xoves de 16 horas a 18 horas.
O 3 de decembro está adicado ao Día Internacional da Discapacidade. No noso centro realizamos unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a discapacidade... ás cales lle daremos continuidade ao longo de todo o curso.
Na biblioteca, a Orientadora do centro fixo un relatorio co fin de sensibilizar ao alumnado e profesorado.
Unha vez rematado o relatorio, vivenciamos coa participación nunhas pequenas paraolimpiadas, que organizaron os mestres no patio, as dificultades coas que se poden atopar as persoas que presentan algunha discapacidade.
As probas deportivas realizadas realizadas foron as seguintes:
Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente están levando a cabo entre os escolares para informar sobre a recollida selectiva e a reciclaxe. No noso centro estiveron o día 3 de decembro pola tarde.
O obxectivo da actividade foi explicar de forma sinxela, didáctica e amena, tendo en conta o espectro de idade no que nos movemos, como se debe facer unha axeitada separación dos residuos domésticos, facendo especial fincapé en indicar cales son os residuos que se deben depositar en cada colector e cales non. Co obxecto de favorecer e facilitar o proceso de reciclaxe, e avanzar na concienciación do que é reciclar e das vantaxes que ten.
Hai que ter en conta que se trata dun grupo de idade crave non so con vistas a que nun futuro non moi lonxano deben ser adultos concienciados da importancia destes aspectos, senón que é crave xa con esta idade, porque poden e deben comezar a reciclar nas súas casas e, aínda máis, concienciar aos membros “maiores” da súa familia (pais, tios, avós…) nos valores que se lles transmitirán, é dicir, convertilos en axentes difusores daqueles nos seus fogares.
As actuacións encamiñadas a cumprir os obxectivos descritos estanse realizando en aulas dos Centros escolares públicos de toda Galiza.
O martes, 13 de novembro, celebramos a festa do magosto no noso colexio. Coma todos estes últimos anos, é unha festa que preparamos e organizamos desde moitos días antes da súa celebración. Este ano participamos en moitos xogos no patio do colexio, e todos os nenos e nenas iamos pasando por todos eles.
O menú estivo composto a base de empanada, chourizos e bica...sen esquecernos das protagonistas da festa...as castañas...que nos preparou a cociñeira no seu forno, aínda que tamén as metemos no lume, pero esas usámolas para emborrallarnos.
O xoves, 22 de novembro, participamos na proba de Campo a Través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta convocatoria participaron un total de nove centros da comarca do Carballiño, cun total de 429 inscritos, nas diferentes probas.
É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.
Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.
Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.