A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico.
Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura.
O mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de mostrar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos mozos.
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.
Esta é a letra do Flashmob que realizaremos o 21 de marzo, na convivencia de EDL da comarca do Arenteiro que se celebrará no Irixo, en defensa e promoción do idioma galego.
O galego é guai.... galegoguai Somos de Galicia que é un sitio especial aquítemos de todo, quenlledera á capital praias, bosques, leiras, fragas, ave e moitomáis Ven aquí e o comprobarás.
Isto é Galicia, man se ti queres ven con nós e pasaralo ben. Canta, baila, moveyourbody e salta tamén e se non che gusta o baile vente con alguén... É o Edén.
Con San Amaro e Boborás disfrutarás e reirás. Vente óIrixo, xoga en galego falatamén, iso está ben. O idioma que teuspais conservaron para ti...ti...ti...ti...ti....
O galego é guai....galegoguai... Eeeeeeeehh fala galego! O galego é guai.... galegoguai
Somos de Galicia que é un sitio especial aquítemos de todo, quenlledera á capital praias, bosques, leiras, fragas, ave e moitomáis Ven aquí e o comprobarás.
Con San Amaro e Boborás disfrutarás e reirás. Vente óIrixo, xoga en galego falatamén, iso está ben. O idioma que teuspais conservaron para ti...ti...ti...ti...ti....
O galego é guai....galegoguai... Eeeeeeeehh fala galego! O galego é guai.... galegoguai
Atopámonos cunha nova histórica dentro da Igrexa Católica, despóis de sete séculos, coa renuncia inesperada do Papa Bieito XVI, que sorprendéu non só ao mundo senón a tódolos estamentos dentro da Igrexa Católica, porque semella que aínda está en plenas facultades físicas e intelectuáis a pesar de que manifestóu estar canso debido á súa idade e doenzas que tuvo en tempos pasados.
Dende o noso colexio amosamos o noso agradecemento polos seus oito anos de Pontificado e as ensinanzas profundas que nos deixóu nos seus moitos escritos pastorais, desexándolle un feliz retiro en silencio como é o seu desexo. Gracias por tanta dedicación que fixo á Igrexa durante todos estes anos.
O noso centro foi seleccionado, xunto a outros 25 de toda Galicia, para participar no proxecto piloto E-LBE que vai desenvolver a Consellería de Educación e Cultura consistente en dotar ás bibliotecas escolares de lectores electrónicos.
Á nosa biblioteca fóronlle concedidos 3 libros electrónicos que nos entregarán, o próximo día 20 de febreiro, os responsables da Consellería de Educación nun acto que terá lugar no Auditorio da Cidade da Cultura.
Neste traballo de educación documental reflectimos información para pescudar sobre a lenda de San Valentín.
Asemade, compilamos unha serie de recursos educativos e ligazóns que son de utilidade para traballar no aula os textos escritos en verso (poemas) e os acrósticos.
Neste libro web iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2013 no noso centro.
Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.
Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.
O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.
O xoves 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non Violencia, cun día de retraso respecto á data oficial, pero con igual intensidade que se fose o propio día.
Foron moitas as actividades que realizamos durante a semana para conmemorar esta data, sen esquecernos en ningunha delas de que a mensaxe de Paz e non Violencia debe estar presente en todos e todas nós os 365 días do ano.
O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro na paraxe espectacular que sempre nos ofrece o Puzo do Lago do concello de Maside.
Participaron un total de 10 centros educativos da comarca do Carballiño, sendo cerca dos cincocentos os participantes inscritos.
A climatoloxía axudou moito a que a xornada se desenvolvera nun contexto idóneo para a práctica deportiva do campo a través, o que redundou nas fantánticas marcas acadadas polos atletas.
É de agradecer o bo comportamento e colaboración da práctica totalidade dos participantes que favoreceu que a xornada deportiva fose unha experiencia enriquecedora e inolvidable para todos e todas.
Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Roi Pagán polo 2º posto en categoría Benxamín e a Alberto Carracelas polo 2º posto en Alevín masculino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín masculino.
Manuel Chamoso Lamas (1909-1985), arqueólogo e escritor, nacido na Habana, pero afincado en Moldes-Boborás desde moi cativo, foi un dos principais artífices da recuperación e conservación do patrimonio artístico-cultural do noso entorno. A el lle debemos as actuacións que tiveron lugar nas igrexias de Moldes, Astureses, Cameixa, Xuvencos...a recuperación dos muiños do río Arenteiro en Moldes, o casco histórico en pazos de Arenteiro...os traballos na citania de San Cibrao de Las, do castro de Cameixa...