O alumnado de 6º de Ed. Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria participou na elaboración dunha curta de debuxos animados coa técnica de stop motion titulada "Que mal cheira".
O 22 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2012/2013: Xogando ao atletismo.
Este ano celebramos a V edición dunha das nosas actividades deportivas favoritas. Participaron os seguintes colexios da Agrupación Deportivo Arenteiro:
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
CPI Virxe da Saleta de Cea.
CEIP de Amoeiro.
CPR Vila de Arenteiro do Carballiño.
CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
Os colexios do Vila de Arenteiro e de Amoeiro repartíronse os primeiros postos nas das categorías de alevíns e benxamíns.
Nós acadamos un meritorio 5º posto nas dúas categorías, por diante dos nosos amigos e rivais deportivos do Irixo
Durante o mes de maio desenvolveuse no centro o I torneo de bádminton. Nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria nas categorías de individual e dobres.
Nas seguintes imaxes podes ver o cadro de honra:
Individuais
Dobres
Premio ao xogo limpo e deportista revelación
Galería de imaxes da final do torneo:
Infórmate no blog de educación física das clasificacións do torneo.
Durante a semana das Letras Galegas realizamos varias actividades destinadas a pescudar sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, entre as que destacamos:
Compilación dos recursos educativos que fixeron os centros educativosde Galiza.
Realización das undidade didácticas que elaboraron os membros do Seminario Galán en todos os ciclos.
Realización dunha webquest co fin de elaborar un gran cartaz sobre RVB.
Realización da pescuda elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa do Barco.
Entrega dos premios aos mellores cartacez sobre a defensa e fomento do galego.
Reparto dos marcapáxinas gañadores do concurso que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.
Visita á exposición dos cartaces elaborados polo CEIP de Rianxo.
Ampliación da exposición permanente dos cartaces premiados no concurso de cartaces para defensa e fomento do galego.
O CEIP Nosa Sra de Xuvencos colaborou coa Agrupación Os Serandeiros de Boborás na celebración da V Ruada de Boborás que coma en anos anteriores se desenvolveu nas instalacións do centro o 11 de maio.
Desde o EDL do centro anímase a toda a comunidade educativa de Boborás, e mesmamente á da comarca do Carballiño, a participar nesta actividade popular co fin de que perduren as nosas tradicións culturais.
Realizáronse as seguintes actividades: obradoiros de baile para nenos e nenas; concurso de aturuxos; concurso de agarrados...
...e para rematar houbo petiscos para todos os asistentes.
O 9 de maio realizamos no centro, en colaboración coa Consellería de Sanidade, a actividade do "Almorzo saudable" co fin de inculcar hábitos saudables na alimentación do noso alumnado.
Nesta iniciativa volveu a participar toda a comunidade educativa, disfrutando das actividades realizadas, especialmente do momento do almorzo especial que nos preparou a nosa cociñeira Ana.
A técnica de Sanidade fixo un relatorio na biblioteca do cole para o alumnado de Primaria no que lle foi indicando unha serie de pautas a seguir para alimentarse dun xeito equilibrado e completo. Asemade, realizou tamén un obradoiro informativo para o alumnado de Educación Infantil.
O 8 de maio visitounos unha vez máis un dos nosos contacontos favorito: Anxo Moure. Trouxonos fermosas historias das árbores e dos bosques galegos... e tamén da Paz.
Pasámolo xenial participando activamente nas historias que nos contou, homenaxeando así a Roberto Vidal Bolaño, xa que fixemos de fabulosos actores e actrices interpretando os papeis que Antón nos ía repartindo. Ao remate a súa actuación, regalounos a todos nós un MP3 moi especial, aos profes tamén, que nos axudará a afrontar os problemas sen medo e con esperanza.
Podedes visitar a súa páxina web para saber máis cousas da súa historia e traballo.
Na seguinte galería de imaxes veredes que ben o pasamos...