O xoves 13 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.
Os familiares do alumnado de Educación infantil tiveron unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.
Na reunión púxose de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.
Facilitouse a seguinte información:
- Recortes comedor e transporte.
- Novo horario do centro.
- Fichas de datos.
- Horarios do alumnado.
- Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
- Proxecta, PROA, PLAMBE, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...