O venres 7 de maio achegáronse ata o noso centro Tati e Delfín, da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami) para facer unha xornada de sensibilización sobre a discapacidade, acercando desta maneira a realidade deste colectivo ao alumnado do centro.
Traballaron a discapacidade en torno ao conto "4 Esquinitas de nada" onde fixeron partícipes as nenas e nenos, ademais de pintar un medallón cun círculo ou cun cadrado, segundo elixiron cada un.
Faláronlles dos distintos tipos de discapacidade: sensorial, motora, intelectual e psíquica;e algunhas barreiras arquitectónicas coas que se atopan estas persoas (nos autobuses, edificios, cines, supermercados,..) qué pasa cando aparcamos enriba dun paso de peóns, por qué non podemos aparcar no sitio de minusválidos.
E tamén lles preguntaron qué cousas creían que podía facer Delfín, nadar, conducir, cociñar,...
E por último fixeron un pequeno role playing para que puideran coñecer algunha discapacidade física, podendo montar na cadeira de rodas e poder moverse pola aula pondo algunha barreira.
Participaron na actividade o alumnado de 3-4-5 anos de Educación Infantil e 2º e 6º de Educación Primaria.
Foi unha xornada diferente, pero na que aprenderon moitas cousas.
Moitas grazas a Tati e a Delfín pola súa visita.