Este ano o alumnado de terceiro ciclo participou no concurso de marcapáxinas que convocou a Librería Escolma do Carballiño. A calidade dos traballos presentados polo noso centro viuse recompendada polo posto de finalistaalcanzado por Alba Cabaleiro Gómez de 5º curso cunha magnífica obra.
Desde aquí, queremos agradecerlle á Librería Escolma a realización deste tipo de actividades co fin de promover o fomento da lectura e darlle os nosos parabéns a todos os participantes e ao alumno gañador Anxo Otero, do CEIP Calvo Sotelo.
O martes, 25 de marzo, tivo lugar no noso centro a VI convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.
Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.
Pola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol sala que tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.
Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...
Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede na imaxe da esquerda.
Como xa ven sendo habitual, celebramos o Día Mundial da poesía no noso centro coa realización de varias actividades que foron organizadas desde a biblioteca e o EDL.
A actividade central foi o obradoiro de poesía que realizamos, en todos os ciclos e etapas do colexio, ao longa das semanas previas a esta data. Como acto final, cada alumno e alumna realizou unha composición poética para presentar a concurso. De todos os traballos presentados os gañadores foron os seguintes:
Coma en anos anteriores, volvemos a participar no concurso de márcapáxina que organiza a Libraría Escolma do Carballiño, este ano baixo o lema "O mundo do libro e a lectura".
Na seguinte galería de imaxes podedes observar os traballo realizados polo alumnado de 3º ciclo do centro para participar neste concurso.
O martes 11 de marzo tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio, organizado pola ANPA do colexio, no que se abordou o tema de prevención de incendios e de primeiros auxilios e á que asistiu unha gran cantidade de membros da nosa comunidade educativa.
Os membros de Protección Civil do Concello do Carballiño foron os encargados de informarnos como actuar en caso de incendio e de como podemos prevelos. Na segunda parte da sesión abordaron o o tema dos primeiros auxilios e do protocolo a seguir en caso de atoparnos ante unha situación que requira a nosa actuación: infartos, atragantamentos, queimaduras...
Durante o desenvolvemento da sesión os asistentes foron propondo dúbidas aos membros de Protección Civil i eles nos foron indicando as pautas a seguir ante unha situación de emerxencia.
O martes 11 de marzo participamos na final comarcal de bádminton da comarca do Carballiño organizado pola Agrupación deportiva Arenteiro e coodinada por Cristina Chamoso nas magníficas instalacións do IES nº 1 do Carballiño.
O noso centro tivo 12 representantes nas categorías alevín masculino e feminino que competiron contra os representantes do CEIP da Uceira do Carballiño e o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
Foi unha xornada moi intensa na que, ademais de competir, convivimos cos nosos compañeiros dos outros centros.
Cadro de honra:
Alevín masculino
Alberto do CEIP Nosasa Sra de Xuvencos
Adrián do CEIP da Uceira
Daniel do CEIP da Uceira
Samuel do CEIP Virxe da Pena da Sela
Alevín feminino
Laura do CEIP da Uceira.
Ana do CEIP Virxe da Pena da Sela
Eva do CEIP Nosa Sra de Xuvencos
María do CEIP Virxe da Pena da Sela
Moitos parabéns para todos os participantes e en especial para Aberto e Eva do noso centro.
No mes de marzo realizamos no centro un obradoiro de xogos populares impartido por "Lito" da Fundación Xaquín Lorenzo e nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria.
Na primeira sesión realizamos varios xogos de "pillas": "O cazador" e "Chourizo envenenado".
Na segunda sesión fixemos "turutas" e xogamos á "Birolla".
Un ano máis imos celebrar o entroido no cole de Boborás.
Coma o ano pasado, neste libro web iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2014 no noso centro.
Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.
Volveremos a realizar o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitada toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.
O concurso de disfraces volverá a ser o venres, como despedida do entroido2014.
Durante toda a semana cumpriremos as mandas do meco.
O xoves 20 de febreiro tivemos na biblioteca do cole un obradoiro sobre os perigos das redes sociais que foi impartido por membros da Garda Civil dentro do programa Plan Director.
O relator facilitounos información de como debemos proceder para acceder de forma máis segura ás redes sociais nas que nos conectamos no tempo de lecer, nas nosas casas.
Aprendemos que cando nos atopemos ante un problema de acoso na rede, ou de calquer outro tipo, debemos comunicarllo inmediatamente a un adulto: mestre, pai, nai... sen medo a que nos repriman xa que podemos estar ante un problema moi serio.
Asemade, reflexionamos a problemática que pode chegar a causar o ciberbullyingnos nenos e neas da nosa idade e que está tipificada como un delito penal.
O martes 11 de febreiro tivo lugar na biblioteca do colexio o primeiro relatorio informativo/educacional correspondente á escola de pais e nais que organiza a ANPA do colexio e que está dirixido a todos os membros da comunidade educativa.
Nesta primeira sesión, tivemos a honra de contar coa presenza do doutor Villanueva, médico pediatra, que nos informou de como debemos actuar e proceder cando nos atopemos con episodios de febre nos nosos fillos e fillas.
Ao final da charla, o doutor resolveu as múltiples dúbidas que o numeroso público asistente lle preguntou.
Desde aquí queremos expresar o noso agradecemento a todos e todas as participantes neste evento, e en especial ao Dr. Villanueva.