Este día non lectivo está recollido pola Consellería de Emprego e Igualdade na Resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Recordarvos que o prazo para realizar a matrícula no centro será entre o 20 e o 30 de xuño, ambos incluídos. En días próximos publicaremos a documentación necesaria. Moitas grazas
Estimadas familias, neste final do 2º trimestre, queremos comunicarvos que o venres, día 8 de abril de 2022, entregaranse os boletíns de notas do 2º trimestre ao alumnado (dispoñibles en ABALAR MÓBIL a partir das 13.00 horas).
As vacación de Semana Santa comezan o 11 de abril e rematan o 18 de abril, comezando as clases o martes 19 de abril.
O día 21 de marzo os cursos de 5º e 6º de educación primaria fomos á Ínsua dos Poetas, no concello do Carballiño, para celebrar o Día Mundial da Poesía.
Entre as actividades que se fixeron houbo un recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.
Dito recital estivo feito por alumnos e alumnas dos centros participantes.
Iria Lorenzo González, Néstor Pérez Estévez e Adrián Souto González, foron os encargados de representar ao noso centro na actividade.
A continuación, tivemos a ocasión de ver un espectáculo de música e danza levado a cabo polo grupo “Cantares Transhumantes” de Miriam Sandoval, co que se quixo facer unha pequena homenaxe ás letras arxentinas.
Por último, plantouse unha árbore (ombú) e interpretáronse os himnos de Ourense, Galicia e Arxentina.
(Redacción do texto: Carmela, titora de 5º de ED. Primaria)
Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.
Ante a situación de emerxencia en Ucraína, o Concello de Boborás colabora con Caritas Carballiño, para enviar axuda.
O Concello será un punto de recollida a disposición de toda a veciñanza. O punto será o antigo baixo do banco, na planta baixa da casa consistorial (ó lado da farmacia) e o horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 h.
O CEIP Xuvencos únese ao Concello de Boborás, na colaboración con Cáritas Carballiño, como segundo punto de recollida.
No cartel vai detallado o tipo de elementos que se precisan.
Desde o día 1 de marzo, e ata o 21 do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.
O procedemento está regulado pola normativa seguinte:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
PRAZOS
Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 21 de marzo de 2022.
▹Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.
▹Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.
▹Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.
▹Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.
Vacantes ofertadas para o curso 2022/2023 (publicaranse 28 de febreiro)