Skip to Content

                              

LETRAS GALEGAS 2021

Co motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado do cole elaborou uns cartaces con audios e ilustracións propias coa vida e obra de Xela Arias Castaño.

A música que ten de fondo é de Sondeseu "Ciclotimias".

No seguinte video podedes ver o traballo que fixeron.

Esperamos que vos guste.

II Encontro de familias organizada pola Mancomunidade de Concellos de O Carballiño.

O vindeiro sábado 15 de maio (Día Internacional da Familia) a Mancomunidade de Concellos de O Carballiño organiza o “II Encontro de familias” dentro do Programa de Educación Familiar, que terá lugar en O Irixo.

A iniciativa, gratuíta, terá lugar na zona da Praia Fluvial do Irixo (zona do Pavillón polideportivo no caso de mal tempo) dende as 17:00H ás 21:00H, ofrecendo actividades como o OBRADOIRO DE CREATIVIDADE EN FAMILIA (teatro, pintura, danza e contacontos e o ESPAZO DE XOGOS PAPORRUBIO (circuito de xogos de madeira para empregar en familia).

 

II Encontro da Familia

 

DÍAS 14 E 17 DE MAIO NON LECTIVOS

 

NOTA INFORMATIVA 

COMUNICAMOS ás familias, que o vindeiro venres 14 de maio de 2021 non é día lectivo no noso centro educativo, polo que non haberá clases, previa autorización da Xefatura Territorial, en Ourense, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co disposto no artigo 7.2 da Orde do 25 de xuño de 2020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros sostidos con fondos públicos.

Así mesmo, o vindeiro luns 17 de maio non é día lectivo por ser o“Día das Letras Galegas”, polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 18 de maio de 2021.

 

Este día non lectivo está recollido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros sostidos con fondos públicos.

 

Un saúdo

 

Boborás, a 10 de maio do 2021.

 

O director

Javier Álvarez

 

DISCAPACIDADE: XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN

O venres 7 de maio achegáronse ata o noso centro Tati e Delfín, da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami) para facer unha xornada de sensibilización sobre a discapacidade, acercando desta maneira a realidade deste colectivo ao alumnado do centro.

Traballaron a discapacidade en torno ao conto "4 Esquinitas de nada" onde fixeron partícipes as nenas e nenos, ademais de pintar un medallón cun círculo ou cun cadrado, segundo elixiron cada un.

Faláronlles dos distintos tipos de discapacidade: sensorial, motora, intelectual e psíquica;e algunhas barreiras arquitectónicas coas que se atopan estas persoas (nos autobuses, edificios, cines, supermercados,..) qué pasa cando aparcamos enriba dun paso de peóns, por qué non podemos aparcar no sitio de minusválidos.

E tamén lles preguntaron qué cousas creían que podía facer Delfín, nadar, conducir, cociñar,...

E por último fixeron un pequeno role playing para que puideran coñecer algunha discapacidade física, podendo montar na cadeira de rodas e poder moverse pola aula pondo algunha barreira.

Participaron na actividade o alumnado de 3-4-5 anos de Educación Infantil e 2º e 6º de Educación Primaria.

 Foi unha xornada diferente, pero na que aprenderon moitas cousas.

 Moitas grazas a Tati e a Delfín pola súa visita.

LISTAXE DE ADMITIDOS PROVISIONAL E DEFINITIVA

A listaxe de admitidos no CEIP Xuvencos para o curso 2021/2022 estará publicada no taboleiro de anuncios do colexio.

Todos os alumnos/as que solicitaron a praza están admitidos/as.

Existe un prazo de 5 días de reclamación.

Antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Boborás 26 de abril de 2021

Vacacións de Semana Santa

Estimadas familias, neste final do 2º trimestre, queremos comunicarvos que  o venres, día 26 de marzo de 2021, entréganse as notas da 2ª avaliación ao alumnado (dispoñibles en ABALAR MÓBIL, a partir das 12.00 do mediodía).

As vacacións de Semana Santa comezan o 29 de marzo e rematan o día 5 de abril, comezando as clases o martes, día 6 de abril de 2021.

Máis información premendo na ligazón.

 

Un saúdo.

 

Boborás, 24 de marzo do 2021 

 

O director 

Javier Álvarez Reza

Día non lectivo 19 de marzo

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro venres 19 de marzo de 2021 é día non lectivo (Día de San Xosé) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o luns 23 de marzo.

Estes festivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021.

Un saúdo

Boborás, a 17 de marzo de 2021

 

O director

 Javier Álvarez

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro xoves 25 de febreiro celebraremos o DÍA DE ROSALÍA cun concerto didáctico, no que estarán SÉRGIO TANNUS e MARTA BRAVO,  en colaboración con outros centros da contorna.

 

Días non lectivos Entroido 2021

 

COMUNICAMOS ás familias que os vindeiros luns 15, martes 16 e mércores 17 de febreiro son días non lectivos (Entroido) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o xoves 18 de febreiro.

Estes festivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021.

Un saúdo

Boborás, a 12 de febreiro de 2021

 

O director

 Javier Álvarez 

Gala do Ensino

 

O vindeiro martes, 22 de decembro de 2020, terá lugar a  Gala Anticovid do Ensino, desde o Auditorio Municipal de O Carballiño.

Esta gala reunirá a máis de 2400 estudiantes de edades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que estarán en conexión de forma interactiva desde os diferentes centros educativos implicados.

No Auditorio, ademais da presentación do evento, tamén terán lugar actuacións en directo de magos, artistas de circo, cantantes e músicos e emitiranse, ó longo do festival, os vídeos coas diferentes actuacións dos centros educativos.

A gala de Infantil e Primaria terá lugar de 10.00 a 11.30 horas para posteriormente dar paso, de 11.45 a 13.10 horas, á Gala de Secundaria, Bacharelato, FP e Conservatorio.

Tamén poderase ver a gala en directo (a través de YouTube) desde as residencias de maiores e haberá 60 invitacións, para acudir presencialmente ó evento, para as familias dos centros educativos. Proporcionalmente, ao CEIP Xuvencos correspóndennos dúas entradas, entregadas ao Consello Escolar.

Xa é posible ver a gala a través da seguinte ligazón:   

 

                                https://www.youtube.com/watch?v=YPPfMHBXv9M&ab_channel=GalaAnticovid

 

Gala do Ensino 

Distribuir contido


by Dr. Radut