Estes festivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021.
O vindeiro xoves 25 de febreiro celebraremos o DÍA DE ROSALÍA cun concerto didáctico, no que estarán SÉRGIO TANNUS e MARTA BRAVO, en colaboración con outros centros da contorna.
Estes festivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021.
O vindeiro martes, 22 de decembro de 2020, terá lugar a Gala Anticovid do Ensino, desde o Auditorio Municipal de O Carballiño.
Esta gala reunirá a máis de 2400 estudiantes de edades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que estarán en conexión de forma interactiva desde os diferentes centros educativos implicados.
No Auditorio, ademais da presentación do evento, tamén terán lugar actuacións en directo de magos, artistas de circo, cantantes e músicos e emitiranse, ó longo do festival, os vídeos coas diferentes actuacións dos centros educativos.
A gala de Infantil e Primaria terá lugar de 10.00 a 11.30 horas para posteriormente dar paso, de 11.45 a 13.10 horas, á Gala de Secundaria, Bacharelato, FP e Conservatorio.
Tamén poderase ver a gala en directo (a través de YouTube) desde as residencias de maiores e haberá 60 invitacións, para acudir presencialmente ó evento, para as familias dos centros educativos. Proporcionalmente, ao CEIP Xuvencos correspóndennos dúas entradas, entregadas ao Consello Escolar.
Xa é posible ver a gala a través da seguinte ligazón:
Estimadas familias, queremos informar do seguinte:
O martes, día 22 de decembro de 2020, o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria recibirá o boletín de notas do primeiro trimestre, que tamén poderán ver as familias en abalar móbil a partir do mediodía.
O horario de atención ás familias para a entrega do xustificante das notas e para falar cos titores e titoras sobre a evolución académica dos seus fillos e fillas será o primeiro martes lectivo de xaneiro, día 12 de xaneiro, ás 16.00 horas.
No caso de non poder asistir este día por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.
O martes 22 de decembro é día lectivo, polo tanto o alumnado seguirá o horario ordinario. Se ben, será un día especial no que, entre otras cousas, visionaremos a Gala do Nadal emitida en directo desde internet, sobre a que vos daremos máis información nos vindeiros días.
As vacacións de Nadal comezarán o 23 de decembro de 2020 e rematarán o 7 de xaneiro de 2021, comezando as clases o venres 8 de xaneiro de 2020, segundo a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ante calquera novidade durante as vacacións, manteremos actualizada toda información a través da páxina web e de abalar móbil.
COMUNICAMOS ás familias que os vindeiros luns 7 e martes 8 de decembro son días non lectivos (Día do Ensino e Día da Inmaculada Concepción) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o vindeiro mércores 9 de decembro.
Este festivo está recollido pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso académico.
Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
A SOLICITUDE será presencial no centro educativo ata o 27 de novembro de 2020.
COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro luns 2 de novembro é día non lectivo polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 3 de novembro.
Este festivo está autorizado pola Consellería de Educación en base ao artigo 7 da ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Iniciamos esta semana o préstamo individual e hoxe tamén a viaxe das nosas "mochilas viaxeiras".
Este ano, por mor do Plan de Adaptación ao Covid 19 non puidemos facer a nosa tradicional festa de celebración no comedor escolar ( o noso salón de actos particular)
Pero non podíamos deixar de celebrar esta data, polo que decidimos facer unha sorte de "apadriñamento lector" e cada unha das clases ía "apadriñar" a outra, así, cada quen elaborou un pequeno vídeo para a clase que lle foi asignada, houbo cancións, bailes, contos, e moitas cousas máis.
A asignación foi a seguinte:
O alumnado de 6º de primaria "apadriñou" ó alumnado de 1º de primaria , e viceversa.
O alumnado de 5º de primaria "apadriñou" ó alumnado de 2º de primaria, e viceversa.
O alumnado de 4º de primaria "apadriñou" ó alumnado da clase mixta de 3 e 4 anos de ED. Infantil, e viceversa.
O alumnado de 3º de primaria " apadriñou" ó alumnado da clase de 5 anos de ED. Infantil, e viceversa.
E hoxe cada aula visionou o vídeo correspondente ó seu "padriño".
Gustoulles moitísimo, dende o equipo de biblioteca, damos as grazas a cada unha das aulas, aos seus titores e titoras e especialistas que colaboraron con eles e elas.
Tanto nos gustou, que decidimos que todas e todos debíamos ver os vídeos que elaboraron os demais, e aquí vos quedan. Para que os desfrutedes!!!!