Skip to Content

                              

RESERVA DE PRAZA NO IES CHAMOSO LAMAS 23-24

Desde o 16 de xaneiro, e ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES CHAMOSO LAMAS.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

Dende esta páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación)

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se desexades cubrila manualmente deixo o enlace aos seguintes documentos

SOLICITUDE DE RESERVA

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES CHAMOSO LAMAS antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro

Lexislación aplicable

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022

 

AMPLIACIÓN VALES DE MATERIAL

 AMPLIACIÓN DE VALES PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 

O dÍa 14 de outubro de 2022 se publicou a Resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se amplía a axuda para adquirir material escolar.

Nesta resolución se establece que os beneficiarios do vale por importe de 50 euros, recibirán un vale adicional de 25 euros. Tamén aquel alumnado que se incorpore ao centro docente ao longo deste curso.

As familias poden recoller estes vales no centro a partir de hoxe luns 17 de outubro.

Estes vales deben ser usados preferentemente antes do 1 de decembro de 2022 e recordamos que o centro só pode imprimir estes vales unha vez, no suposto de extravío.

Para calquera aclaración, contactade co centro.

O equipo directivo

RECOLLIDA DE FROITOS

En setembro-outubro continuamos coa recollida dos froitos plantados no mes de maio e xuño. A maioría usáronse no menú do comedor do colexio.

LISTAXE DEFINITIVO FONDOLIBROS 2022

Publicada hoxe luns 1 de xullo, a listaxe definitiva de fondolibros e vales para material no interior do centro. Podedes recoller os vales a partir de hoxe.

 Aproveitamos para informarvos dos libros que se utilizarán no CEIP Xuvencos no curso 2022-23

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 22-23 (preme neste vínculo)

O equipo directivo

COMEDOR 2022-23

Hoxe dia 28 de xuño, sairon as instruccións para pedir o comedor para o curso 2022-23.

Deixámos aquí o enlace ao documento que deberedes entregar no centro educativo en canto poidades.

Para calquera dúbida ou aclaración, no propio centro ou chamando ao teléfono do mesmo.

Un saúdo.

O equipo directivo.

AUTODECLARATIVO

 

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDOLIBRO

Tendo en conta a "ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar"

Queda publicada a listaxe provisional de fondolibros no interior do edificio do CEIP Xuvencos.

Existe un prazo de reclamacións de 2 dias a contar dende o dia da publicación de esta listaxe.

Para calquera aclaración, acudide ao centro ou chamade por teléfono ao mesmo.

 

O equipo directivo 

MATRÍCULA 2022-23

Esta é a información básica e necesaria para facer a matrícula do alumnado para o próximo curso. Calquera dúbida será aclarada no centro ou chamando por teléfono. Podedes descargar os impresos aquí ou pasar polo colexio a recollelos.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

No archivo adxunto podedes descargar o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2022-23.

Día non lectivo.

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro luns 13 de xuño non é día lectivo (San Antonio) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 14 de xuño de 2022.

Este día non lectivo está recollido pola Consellería de Emprego e Igualdade na Resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN curso 2022/23

Bo dia.

Recordarvos que o prazo para realizar a matrícula no centro será entre o 20 e o 30 de xuño, ambos incluídos. En días próximos publicaremos a documentación necesaria. Moitas grazas

 

Un saúdo

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut