Skip to Content

                              

Restablecemento do servizo de pediatría na comarca de O Carballiño

Segue a loita polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca, por parte da plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño.

Esta vez, a través dun hospital informativo, na Praza Maior do Carballiño, de 11.30 a 13.30 horas, este domingo 25 de febreiro.

 

Hospital informativo

 

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos, seguimos apoiando e animando á plataforma na súa entrega e demanda. Por unha sociedade digna! Por unha comarca cun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social!!

 

Na seguinte infografía, poderás ver un resumo de todo o traballo realizado.

 

 

Concentración polo restablecemento da atención pediátrica

Lembramos que a plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño convoca, de novo, unha concentración para hoxe 16 de febreiro ás 18.30 horas na Praza Maior do Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

Neste caso, a esta concentración únense as plataformas de Xinzo e Verín, que están a sufrir igualmente recortes na atención pediátrica.

O servizo de pediatría é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos sumámonos á concentración de hoxe e á solicitude de restablecemento deste dereito básico e tan necesario para a nosa comarca.

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz fixemos distintos xogos cooperativos no patio e despois cada ciclo colgou as banderolas decoradas polo alumnado do colexio nun cordel que decoraron os corredores do colexio.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 24-25

Desde o 16 de xaneiro, e ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Manuel Chamoso Lamas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

ANEXO I, debidamente cumprimentado. Ou ben en liña accedendo a este enlace a través da sede electrónica : https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES Manuel Chamoso Lamas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

MOBILIZACIÓN POLO RESTABLECEMENTO DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN O CARBALLIÑO

 

A plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, convoca de novo unha mobilización, "cacerolada" incluída, o vindeiro domingo 14 de xaneiro en O Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

Neste caso, a saída será ás 12.30 horas na Praza do Emigrante (xunto á pista vermella) e rematará no centro de saúde.

 

atención pediátrica é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

 

A dirección

Coreografía de cordas

Na asignatura de Educación Física, o alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon unha coreografía usando diferentes elementos como as combas. Esta é a presentación que fixeron o mércores 20 de decembro no colexio ante todos os seus compañeiros e compañeiras. Noraboa polo traballo!!!!

 

 

Chega o Nadal ao Xuvencos....

Noraboa ao equipo de actividades complementarias e en especial a coordinadora Natalia

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 5 de decembro celebramos no centro o DÍA DA DISCAPACIDADE. Viñeron da asociación ASPADISI a contarnos o conto "Mi hermana Lola" para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de educación primaria. O alumnado fíxolle preguntas sobre a discapacidade e as actividades que se facían na asociación.

Despois trouxeron xogos populares feitos polas persoas que acoden á asociación e xogaron co alumnado do colexio.

DÍA DA DISCAPACIDADE

Semana da ciencia 2023

Do 20 ao 24 de novembro, celebramos no colexio a SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO". 

Aquí o enlace á entrada feita polo equipo de biblioteca ao respecto:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/2135.

Noraboa polo traballazo.

Aquí deixamos un video para o recordo de esta actividade.


Distribuir contido


by Dr. Radut