Skip to Content

                              

XOGAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Na biblioteca ademais de ler, e buscar información, podemos experimentar e tamén XOGAR. 

O xogo é unha actividade moi importante para fomentar a creatividade do noso alumnado, e o xogo en pequenos grupos fomenta moitas cualidades como pode ser a imaxinación, a creación , curiosidade, plasticidade... estratexias e todo dende un punto de vista lúdico.

 

 

Durante o curso en diversos momentos desfrutamos de sesións de xogo na nosa B.E , como por exemplo o alumnado de ED. Infantil con bloques lóxicos ou con KAPLA que lles gusta moito. 

 

 

 

 

Xogar coas tablets, con APPs axeitadas para as idades correspondentes e en pequeno grupo tamén supón un estímulo interesante.

 

 

 

Xogos como DIXIT fomentan a imaxinación e a empatía e o que podemos coñecer dos demais, ao tempo que nos divertimos.

 

 

Outro dos xogos que ten moito éxito é o de VIRUS, que ademais de mostrar a estratexia ou cooperación dos xogadores , refréscanos as distintas partes do corpo, e danos pé a falar por exemplo da COVID. 

 

 

 

Ti no es de aquí?  é un trivial adaptado a idade escolar e que supón unha viaxe de aprendizaxe e coñecementos relacionados coa nosa cultura e idioma. 

 

 

E mención especial merecen todos os xogos de Brazolinda que temos na nosa biblioteca, distribuídos por idades de elaborados con moito agarimo e feitos a man.

 

Porque o xogo é unha parte importantísima ( e divertida) para desenvolver a creatividade e outras estratexias no noso alumnado ao tempo que se divirten e desfrutan...

 



blog | by Dr. Radut