Skip to Content

                              

ORIENTACIÓN

XOGAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Na biblioteca ademais de ler, e buscar información, podemos experimentar e tamén XOGAR. 

O xogo é unha actividade moi importante para fomentar a creatividade do noso alumnado, e o xogo en pequenos grupos fomenta moitas cualidades como pode ser a imaxinación, a creación , curiosidade, plasticidade... estratexias e todo dende un punto de vista lúdico.

 

 

Durante o curso en diversos momentos desfrutamos de sesións de xogo na nosa B.E , como por exemplo o alumnado de ED. Infantil con bloques lóxicos ou con KAPLA que lles gusta moito. 

 

 

 

 

Xogar coas tablets, con APPs axeitadas para as idades correspondentes e en pequeno grupo tamén supón un estímulo interesante.

 

 

 

Xogos como DIXIT fomentan a imaxinación e a empatía e o que podemos coñecer dos demais, ao tempo que nos divertimos.

 

 

Outro dos xogos que ten moito éxito é o de VIRUS, que ademais de mostrar a estratexia ou cooperación dos xogadores , refréscanos as distintas partes do corpo, e danos pé a falar por exemplo da COVID. 

 

 

 

Ti no es de aquí?  é un trivial adaptado a idade escolar e que supón unha viaxe de aprendizaxe e coñecementos relacionados coa nosa cultura e idioma. 

 

 

E mención especial merecen todos os xogos de Brazolinda que temos na nosa biblioteca, distribuídos por idades de elaborados con moito agarimo e feitos a man.

 

Porque o xogo é unha parte importantísima ( e divertida) para desenvolver a creatividade e outras estratexias no noso alumnado ao tempo que se divirten e desfrutan...

 

COMO TE SENTES

Queridas familias, nestes difíciles momentos que estamos a vivir estades demostrando a vosa valía, quedando na casa e axudando así a combater o COVID-19. Gustaríanos saber como o estades levando. Este é un cuestionario voluntario, dirixido aos nenos e nenas, que pode facilitar que entre todos poidamos afrontar do mellor xeito posible esta situación.
Estamos para prestar axuda tanto a nivel académico coma emocional.
Grazas por contestar e moito ánimo. Axiña voltaremos a estar xuntos.

Departamento de Orientación do colexio.

CLAVES PARA A XESTIÓN DAS EMOCIÓNS

CLAVES PARA LA GESTIÓN DE LAS EMOCIONES» CON RAFAEL GUERRERO

Neste directo de #AfundaciónEnCasa , Rafael Guerrero vainos falar sobre a xestión das emocións fundamentais para o desenvolvemento emocional dos nos@s fill@s e alumn@s. Ensinaranos unha serie de ferramentas para que tanto  pais, nais e mestr@s teñamos unhos coñecementos mínimos e unha serie de habilidades afectivas para que poidamos axudar aos nos@s fill@a e alumn@s a regular as emocións que aparecen no seu día a día.

 

https://www.youtube.com/watch?v=tOEIVvuITp8#action=share

Conto: Mi héroe eres tú

Este libro ten como finalidade responder as dúbidas de todos os nenos e nenas do mundo en tempos do covid-19.  Grazas a unha pequena enquisa mundial feita en distintos idiomas árabe, italiano, francés, e español soubose como se atopaban estes nenos a nivel mental e psisocial. Neste proxecto participaron máis de 1.700 nenos, pais e educadores de todo o mundo.

Actualmente este conto está traducido a nove linguas, e estase a traballar na tradución doutros 30 idiomas máis.

Este conto infantil está destinado a nenos de 6 a 11 anos de idade.

AL Expresión e Comprensión Oral

Distribuir contido


by Dr. Radut