Skip to Content

                              

blogue deLeo

FORMACIÓN DE RADIO PARA O PROFESORADO

O pasado día 4 de febreiro , o profesorado recibiu  no centro , formación en RADIO por parte de  REDE ESPORA .

Como sabedes, este ano fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: RADIO NA BIBLIO.

O primeiro, é que o profesorado reciba a formación necesaria para poder traballar a temática co alumnado.

Nesta primeira xornada Luis Losada, dividiu as 3 horas de formación en dúas quendas:

- Nunha primeira parte teórica,  centrada na importancia da Radio Escolar : consellos e pequenas cousas e recursos para a nosa práctica diaria, exemplos, decálogos, información, formación, e resolución de dúbidas ( que se desenvolveu na Biblioteca do centro)

- A segunda parte da sesión foi máis práctica, onde puxemos a "mesa de misturas " a andar,  utilizamos os micros, fixemos pequenos experimentos para entender e levar á práctica o aprendido. ( que se desenvolveu no noso Espazo Maker ,  como prolongación da nosa biblioteca)

 

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento da formación que recibimos por parte de Luís: 

 

  

 

 

   

 

Queda pendente agora, a segunda parte da formación que irá dirixida ó alumnado,  que van ser os grandes  protagonistas nesta aventura da radio:

Guionizar os programas , preparalos, editalos  para que sexan autónomos e os que dirixan e controlen a mesa , as produccións e creacións... seguiremos informando!!!

 

 

 

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .
 
Na páxina web 11 de Febreiro  podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEM e un longo etc...
 
Aquí vos deixamos un vídeo, titulado ESE LUGAR que foi eaborado pola Cátedra de Cultura Ciencífica da UPV/EHU. Xa que o 11 de febreiro será o día da Muller e a Nena na Ciencia, e o día seguinte... e os que virán despois..

 

E tamén vos deixamos este vídeo "Yo quiero ser científica" no que 9 mestras da Universidade pública de Navarra (UPNA) son intérpretes e autoras dunha obra de teatro divulgativa na que rescatan a vida e obra de mulleres científicas do pasado:

 
 

E para os máis pequenos, este vídeo gañador do concurso de curtametraxes da Unesco  "Mujeres en la CTI y matemáticas:

Podedes ver tamén a serie de animación "Mujer en la ciencia"

Las ilustraciones y la animación del vídeo de este proyecto son del profesor de bioquímica Iñigo Izal Azcárate y la narración en voz en off corre a cargo de la periodista Eva Lus (Radio Universidad de Navarra). También colabora en esta serie de animación el grupo Women for Science and Technology y diferentes personas expertas asesoran en la elaboración de los guiones de las distintas biografías.
        Las protagonistas de estas historias son la microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975), la enfermera y estadística Florence Nightingale (1820-1910), la bióloga y divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964), la astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), …

(fonte  https://mujeresconciencia.com/2019/11/19/serie-de-animacion-la-mujer-en-la-ciencia/)

Se queredes seguir "curioseando" deixámosvos un link con libros e películas recopilados en 11defebrero.org. 

Se vos apetece xogar "ó rosco das científicas" non tedes máis que premer AQUÍ 

 
CIENTÍFICAS: O CÓMIC  dende a Universidade de Sevilla e executado pola precisa man da  ilustradora Raquel García Ulldemolins
 
 Outra iniciativa destacable foi a de "Mi científica favorita" 
É unha iniciativa da  Comisión de Género do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) en colaboración coa Unidad de Comunicación del ICMAT e  a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e coa asesoría do mestre de educación primaria Roberto Soto Varela.
 
 
 
Podedes descargar este libro de balde, en PDF premendo aquí: MI CIENTÍFICA FAVORITA
 
Desta volta tamén podedes descargar en PDF  "MI CIENTÍFICA FAVORITA 3" 
 
 
 
Outra páxina que non se pode esquecer nesta viaxe de referenciación da muller e a nena na ciencia é MUJERES CON CIENCIA onde poderedes atopar todo tipo de noticias, materiais, actividades relacionadas, coas mulleres e coa ciencia...
 
 
Na biblioteca do cole, fixemos unha pequena escolma cos libros que están na nosa colección relacionados coa materia... 
 
 
 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O venres día 17 tivemos unha sesión de contacontos para o aumnado de ED. Infantil e 1º de Primaria. 

Desta volta, contounos o conto a mellor axudante de cociña do mundo: CHELO.

 

Queremos agradecerlle a Chelo que compartise con nós o seu tempo, e nos contase o conto de "A escaleira" 

  de OQO editora. 

Estiveron moi atentos  e atentas e encantoulles !!

Moitas grazas a Chelo por compartir o seu tempo con nós.

 

 

MODERNIZACIÓN DE XUVE

 A nosa mascota da biblioteca XUVE precisaba dun cambio de look, con máis forza, máis presenza e máis chulo.. 
 Temos unhas familias moi colaboradoras e implicadas, e mans a obra.  
Temos que agradecer inmensamente, esta nova apariencia de XUVE á familia de Iria e Ismael ( que aparecen nas fotos,  que son os netos do creador desta obra de arte.
 
 Agradecemos a José "Coego" a súa adicación e tempo, de xeito desinteresado .
 
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIA!! 
 
 
 

INICIÁNDONOS NA RADIO

O pasado mércores día 22 dende o noso cole emitiuse un programa deportivo, "Convivir deportivo", podedes consultar a información relativa a este evento premendo aquí.

Tendo en conta que este ano estamos traballando un PDI de centro sobre os "XOGOS OLÍMPICOS" , e deportes en xeral, e por outra banda vimos de incorporarnos ó proxecto  "Radio na Biblio", non puidemos ter un mellor inicio para esta andaina.

Vivir un programa de radio en directo!!!!!

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

 

 

                  

 

PROXECTO DOS SUPERHEROES

Esta semana chegou unha carta ás clases de 3 e 4 anos.

 

Enviáronnola os "superheroes" e nela dicían que tiñan moitas cousas... ademais

deixáronnos un montón de "pistas" polo colexio para que averiguáramos quen

eran...  deixáronnos códigos QR escondidos polo cole, e so os podíamos ler se 

tiñamos un "lector de códigos" e alá nos fomos á biblioteca do cole a

buscar as "tablets"para poder descifrar as mensaxes...

 Encantounos!!!! 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA

Hoxe chegou ó noso cole unha das MALETAS VIAXEIRAS que a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon a disposición dos Centros Educativos.

 

O contido desta maleta vai estar un mes na biblioteca do cole, pódese disfrutar destes cómics/ manga e banda deseñada/ album ilustrado na hora do recreo ou na hora de biblioteca asignada para cada aula.

 

A MALETA que nós temos é a de BANDA DESEÑADA, PRIMARIA E ( se premedes no nome poderedes ver os libros que a compoñen)

 

Os libros son para ED. Infantil e Primaria

Fixemos dúas clasificacións dos mesmos:

-Para ED. Infantil e 1º e 2º de primaria ( Album ilustrado, Super Pataca, etc etc) con maiúsculas ou menos texto

-E os que teñen máis texto, ou complexidade temática, ou profundidade, ou manga para 3º , 4º 5º e 6º.

 

Agardamos que o noso alumnado disfrute coa lectura... Os máis pequenos xa deron boa conta das novidades na biblioteca...

        

 

        

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Este venres foi Sandra quen nos contou un conto moi especial... "Por cuatro esquinitas de nada"  .

 

Pero non so contou o conto dun xeito espectacular que algúns nin "pestanexaron", senon que ademais fixo unha versión do mesmo a tamaño grande con diversos materiais para que o conto fose moito máis visual, acompañado da súa sensibilidade e emoción á hora de contalo.

Ó rematar, e despois de darlle unha aperta ó "seu cadradiño" particular díxonos que nos agasallaba a súa versión do conto. 

Moitísimas grazas a Sandra por vir, compartir con nós as súas dotes para a interpretación e ademais deixarnos un agasallo tan fermoso.

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Algunhas recomendacións lectoras de cara ó Nadal.

BOA LECTURA!!!!   

 

             Aquí vos quedan as recomendacións en formato PDF por se as queredes ver con máis calma:

RECOMENDACIÓNS

 

 BOA LECTURA!!! 

 

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Desta volta foi a profe Cruz, titora de 1º a que nos contoiu un conto este venres.

Pola proximidade do Nadal, e seguindo co calendario de Advento que está facendo o alumnado de ED. Infantil o conto elexido foi : "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Este conto da editorial Kalandraka foi ilustrado por Kiko Dasilva e escrito por Chema Heras é todo un clásico dos contos de Nadal, e ademais a profe Cruz contouno taaaaan ben que quedaron todos e todas embelesados.

Se premedes na imaxe poderedes ver unha entrevista ó autor e ilustrador 9 anos despois de publicar o libro.

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento: 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut