Para celebrar este ano o día do libro, 23 de abril, dende a distancia, lanzamos unha proposta:
CAL É O VOSO LIBRO FAVORITO?
A participación voluntaria, para toda a comunidade educativa. Moitas grazas a todas as familias que se implicaron e participaron, e tamén ó profesorado que compartiu con nós a súa escolla.
Aquí tedes o resultado: Un pequeno vídeo con todas as aportacións:
E se o queredes ver, tranquila e pausadamente creamos un documento en ISSUU ,
para que o vexades en formato "libro" con máis calma.
Con motivo da celebración do día do LIBRO o próximo día 23 de ABRIL , dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos propoñervos unha actividade para que participedes
todos e todas: profesorado, alumnado e familias.
Podedes ser creativos/as e botarlle imaxinación e utilizar o formato que queirades, ou se preferides, adxuntamos dous modelos en formato PDF para que poidades imprimir :
MODELO para ED. INFANTIL e 1º e 2º de Primaria: premede AQUÍ!
Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.(fonte: blogue de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia)
A continuación podedes ver o cartaz deste ano, cunha pequena aportación:
No lateral esquerdo hai uns pequenos símbolos de cor amarela e negra, son as nosas aportacións, consistentes nunha pequena escolma de libros infantís e xuvenis que nestes momentos teñen acceso libre. ( Premede neles e levaranvos ós mesmos)
E lembrade que tamén podedes acceder a moitísimos libros dende a plataforma GALICIA LE.
Aquí tedes unha serie de actividades, xogos, e vídeos para que poidades seguir traballando as emocións e a xestións das mesmas nesta viaxe, tan adecuada nestas datas, premede a continuación para ver as actividades ( arquivo PDF)
Dende o Equipo de Biblioteca do centro, elaborouse unha pequena escolma de contos, audio contos, contos para ver, contos animados, contos narrados, contos para compartir... `
Fíxose unha clasificación dos contidos en dous grupos:
-Para ED. Infantil e 1º curso de ED. Primaria.
-Para ED. Primaria ( dende 2º a 6º curso)
Para introducirnos na materia e ir abrindo boca deixámosvos esta canción de