No curso 2021/2022 estiveron en funcionamento 12 mochilas viaxeiras, é dicir, dúas por cada clase do cole. Asemade, en Ed. Infantil continuamos un ano máis co funcionamento do programa "Libros que van e veñen".
Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir.
Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos.
Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos.
Achegamos unha mostra das mochilas e do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.
Libros que van e veñen en Ed. Infantil | |
Mochila de 1º de EP | Mochila de 2º de EP |
Mochila de 3º EP | Mochila de 4º EP |
Mochila de 5º EP | Mochila en 6º de EP |