O venres de Entroidorealizamosdesfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado.
Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:
O alumnado de educación infantil representou o conto de “Rosa caramelo” que fomenta a coeducación nos nenos e nenas tratando de desenvolver un pensamento crítico que lles permita analizar os estereotipos sexistas.
O alumnado de 2º e 3º de educación primaria puxeron a parte doce do desfile disfrazados de caramelos.
En 3º e 4º de educación primaria fixeron unha parodia dos oficiosque se dan no ámbito sanitario e dos estereotipos sexistas creados no noso entorno ante ditos traballos.
En 5º e 6º representaron o descubrimento dun asteroide e a súa colonización despois de viaxar ata el, pola nosa galaxia, no Apolo Sueiro.
Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado.