O comenzo dos tempos
Antes da aparición do home na terra, ao principio de todos os tempos, non había nada, nin terra, nin ceo, nin estrelas, nin firmamento. Só existían dous mundos: ao norte, un mundo nebuloso e frío, cuberto de auga xeada; ao sur, un mundo de lume que non deixaba de arder.
Entre estes dous mundos había un gran baleiro. Cando os dous mundos se atoparon, entre si, parte do xeo fundiuse coa calor do lume e desta fusión xurdiu o ser máis grande de todos os tempos; o máis grande de todos os xigantes que xamais existiu e que tiña os dous sexos, é dicir era home e muller á vez. O xigante facíase chamar Ymir. Tivo varios descendentes que brotaban do seu corpo mentres durmía. Del descenden todos os xigantes e ogros.
Desta auga fundida, tamén xurdiu unha enorme vaca, sen cornos, que creou ao antepasado de todos os deuses lambendo o xeo e que se chamaba Buri.
Tres dos netos de Buri: Odín, Vili e Ve enfrontáronse ao xigante Ymir nunha guerra longa e difícil. Ao final resultaron vencedores e cos restos do corpo de Ymir fabricaron a Terra. Coa carne crearon outeiros, terras chas estepas, así como as cuncas dos ríos, os mares e os lagos. Co seu sangue, encheron estas cuncas. Cos seus dentes e os seus ósos, fabricaron rocas e montañas. Co seu pelo, as árbores e os arbustos. Co seu cranio crearon o firmamento.
Coas súas pestanas fixeron unha muralla ao redor do centro do mundo para protexelo dos xigantes. A este lugar puxéronlle o nome de Midgard.
Unha vez que crearon este mundo déronse conta que non sería realmente un mundo mentres non estivese poboado. Buscaron e buscaron pero como non atoparon a ninguén que o habitase. Decidiron, entón, crear ao primeiro home e á primeira muller tallando uns troncos que atoparon na praia. Chamáronlles Ask e Embla.
Para rematar, os tres deuses repartiron o mundo en 9 zonas diferentes, situadas ao longo dun enorme e frondoso freixo chamado Yggdrasil:
RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA