Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Profesional

XOGOS POPULARES DE ENTROIDO 2020

O pasado xoves, xoves de comadres, o cole de Maceda botouse ao patio para por en práctica as súas habilidades nos xogos motores e de coordinación, celebrouse unha nova edición dos "Xogos Populares de Entroido".

FACEMOS FILLOAS

O alumnado de 2º de Primaria aproveitando a festividade do Entroido elaborou unha sobremesa típica: as filloas, chulas, fillogas, bolechas... Asemade, aproveitou para profundizar noutra sobremesa semellante de orixe francés, a crèpe. Queredes ver o resultado desta actividade, nos vos perdades o seguinte vídeo

MANDADIÑO DO MECO DO MARTES

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2020

O sábado, 2 de febreiro, tivo lugar nas instalacións de Monterrei a fase provincial de campo a través. Acudimos co alumnado que se clasificara na fase comarcal.

Todos acabaron a súa respectiva distancia e unha alumna da categoría infantil quedou terceira clasificada!!

Foi un éxito!!

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2020

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e a Non Violencia nos centros educativos. Nesta ocasión a comunidade educativa desenvolveu distintas actividades. O fío conductor das mesmas é a concienciación persoal de que conquerir a "paz e non violencia" comenza dentro de nós, está nas nosas mans e debemos reflectilo ao resto do planeta, por iso leváronse a cabo as seguintes actividades

DEPORTE ESCOLAR:CAMPO A TRAVÉS

O alumnado de 3º a 6º de Primaria participaron na fase comarcal de campo a través, que tivo lugar nas instalacións de Monterrei. Todos lograron finalizar o percorrido correspondente a súa categoría. Comportándose como verdadeiros atletas!!

NOA, UXÍA E ANTÓN...UN CONTO SOBRE IGUALDADE

Sabela Gago agasallounos cunha contada sobre os prexuizos das estereotipias, a igualdade de xénero e necesidade de vencer os nosos medos. Coa axuda de Noa, Uxía e Antón trasladounos estos contidos. Aquí tedes un pequeno resumo desta contada. 

FESTIVAL DE NADAL DE PRIMARIA

FESTIVAL DE NADAL DE INFANTIL

O COLE MUDA DE CARA EN NADAL

Que está a pasar nos corredores e portas do cole?

Chegou o Nadal!!

Distribuir contido


by Dr. Radut