O domingo, 17 de maio, celebramos o "Día das Letras Galegas". A persoa homenaxeada este ano é Ricardo Carvalho Calero. Os Bolechas convídannos a coñecer a esta persoa. Non vos perdades o seguinte conto:
Atendendo ás Instrucións do 27 de abril de 2020,da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, o equipo docente fai pública as adaptacións realizadas nas súas programacións didácticas para o curso 2019/2020.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro domingo 17 de maio, dende a área de Educación Física recopilaremos xogos populares que facían os nosos maiores de pequenos.
Enviade (este venres ou o luns) soamente unha ficha co voso xogo en galego e practicádeo.