Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL 2024/25

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario  de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material  escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación  secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos  con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento  ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

 

TIPOS DE AXUDAS

 

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria no vindeiro curso.

 

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial no vindeiro curso.

 

Axudas para adquirir material escolar: Todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

* Presencial no centropresentando os anexos I e II debidamente cubertos e asinados xunto coa documentación (copia do libro de familia que acredite o número de membros da unidade familiar).

 

* Realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarannos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (copia do libro de familia que acredite o número de membros da unidade familiar).

 

Presentación telemática: na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do21 de maio ao 21 de xuño, ambos incluídos.

 

 

 

ENLACES DE INTERESE:

 

DOG 20/5/24

 

APLICACIÓN FONDOLIBROS

 

PREGUNTAS FRECUENTES

 

ANEXO I E ANEXO II

 

CALENDARIO PUBLICACIÓN LISTADOS

 



blog | by Dr. Radut