Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Proceso de Admisión

PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

 

Normativa de aplicación

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 O prazo de presentación das solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI) e a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo alegados.

 

Lembre que soamente se pode entregar unha solicitude.

 

A solicitude pode facerse:

 

* de xeito presencial  no centro, priorizando as entregas de 9.30 a 10.20 en secretaría.

 

* de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta

 

 O formulario de solicitude (ED550B):

 

*será facilitado gratuitamente no centro.

 

*pódese descargar no arquivo adxunto nesta páxina

 

*tamén estará na aplicación “admisionalumnado” .Poden cubrir a solicitude nesta aplicación e entregala no centro con todos os apartados cubertos  e asinada debidamente.

 

*Tamén a poden presentar na sede electrónica con certificado dixital ou Chave 365.

 

(instrucións para cubrir a solicitude online)

 

Lembren que a solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II-bis).

 

É importante que cubran a autobaremación (domicilio ou lugar de traballo, renda, irmáns no centro...), pois o que non aleguen non se lles terá en conta á hora de baremar.

 

Para a valoración da renda da unidade familiar, indicarase a cantidade que figure nos recadros base impoñible xeral (Casiña 435) e base impoñible do aforro (Casiña 460)  da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude; no caso de declaracións individuais dos proxenitores, incluiranse ambas.

 

 

 

DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
*Presentación de solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo
*Prazo entrega de documentación (só centros que bareman): 10 días hábiles entre o 21 de marzo e o 11 de abril.
*
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril
*
Prazo de reclamación:cinco días hábiles despois da publicación da listaxe provisional (26 de abril ao 3 de maio).
*
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio
*
Período de matrícula en Educación Infantil e Primaria.:  20 ao 30 xuño

 

Como 1º arquivo adxunto achégase o formulario completo con todos os documentos a asinar e entregar

 

Como 2º arquivo adxunto pódese descargar o mapa da zona de influencia do CEIPP de Maceda

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AnexoTamaño
Formulario completo matrícula 24-25 Ordinaria.pdf2.37 MB
Zona Influencia CEIPP de Maceda.jpg716.03 KB


blog | by Dr. Radut