Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Samaín e os medos

O equipo de Actividades Complementarias baixo a coordinación da mestra Andrea propuxeron traballar os medos para conmemorar a data do Samaín. Este é o resumo do que se fixo:

 

A celebración do Samaín permitiunos levar a cabo unha proposta didáctica a nivel de centro para traballar unha das emocións máis frecuentes da infancia: o medo. Cada día na hora de ler, presentamos a temática mediante a lectura conxunta dun conto que tratase desta emoción. A continuación, expuxemos en pequeno grupo a idea central da historia e puxémoslle palabras a estas emocións contestando preguntas como:

  • A que lle temos medo?
  • En que situacións pasamos medo?
  • A que lle tiñan medo os nosos pais?
  • Que podemos facer cando sintamos medo?
  • Que lle pasa ao noso corpo canto temos medo?

Tamén nos atrevemos a debuxar os medos persoais e a facer entre todos os cursos un mural dos medos, para visibilizar que esta emoción pode aparecer a calquera idade.

As emocións non debemos ignoralas nin menosprecialas, senón nomealas e aprender a xestionalas dende cativos. Elsa Punset achega unha serie de orientacións e estratexias para aprender a xestionar o medo cos nosos fillos e fillas, presentes no seu libro infantil “Los atrevidos dan el gran salto”. Estas son:              

  1. Non negar nin evitar o medo (Isto é, evitar frases como Non teñas medo, Non chores que non hai nada debaixo da túa cama, Os nenos maiores non teñen medo...). En ocasións, a negación das emocións son detonantes de rabietas ou enfados de cando unha persoa non se sinte escoitada.
  2. Acompañar o seu medo. Moitas veces non poderemos evitar que pasen medo, pero escoitalos activamente, que sintan a nosa compaña e dicirlles que non están sos, apórtalles máis seguridade.
  3. Evitar as burlar, bromear e minimizar os medos ou fobias.
  4. Se a madurez do cativo o permite, explicarlles o significado fisiolóxico do medo (O noso cerebro está preparado para sobrevivir e o medo é a emoción máis útil para isto. Axúdanos a detectar ameazas e fuxir o máis rápido posible).
  5. Adaptar as malas noticias que saen nos medios de comunicación á idade ou nivel de madurez dos cativos, dado que tenden a magnificar todo aquilo que non poden comprender.

Algunhas das estratexias de xestión do medo e relaxación fisiolóxica recomendadas por Elsa Punset son:

Relaxación física. Cóntanos varias técnicas para que os nosos fillos se relaxen, como:

Técnica de aperto e solto. Con música suave e luz tenue imos pedindo ao neno que aperte forte algunha parte do seu corpo, contamos 3 e deberá soltar.

Técnica de estiro e relaxo. Consiste no mesmo que o anterior pero en lugar de apertar, estirar as partes do corpo.

Respiración consciente: Consiste en ensinar ao teu fillo para respirar profundamente e amodo varias veces, enchendo os pulmóns e o abdome de aire. Mentres inspira, que conte mentalmente un, dous e tres e que exhale aínda máis despacio contando un, dous, tres, catro, cinco, seis

Respiración de diafragma: Deben poñer unha man sobre o estómago, xusto debaixo das costelas e respirar coma se quixese empuxar a man cara a fóra. Así a respiración chega ata o diafragma e pode ir relaxándose.

Visualización: Consiste en tentar «ver» na túa mente unha imaxe que che faga sentir ben. Por exemplo, se á nena ou neno lle gusta columpiarse, debemos dicirlle que se imaxine que está nas randeeiras. Tamén podemos pedirlle que pense nalgunha escena ou sitio que asocie a un lugar tranquilo (a casa dos avós, unha praia coñecida, etc.).

Mensaxes tranquilizadores: Recomenda Elsa ensinar aos nenos a repetirse mensaxes tranquilizadores tipo «Eu podo» «Vou estar ben» «Xa se me vai a pasar»…

Test «verdadeiro/falso». Consiste en que os nenos se enfronten aos seus medos máis irracionais racionalizándoos. Por exemplo «Pode esta araniña comerme de verdade?



page | by Dr. Radut