Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Aberto prazo presentación candidaturas Consello Escolar

Informamos que dende hoxe día 2 ata o 10 de novembro incluído está aberto o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar.

Para presentarse é preciso facer unha solicitude a través do impreso dispoñible na Secretaría. O impreso de solicitude tamén se pode descargar dende aquí e entregar xa cuberto no centro.

Aproveitamos para facilitarvos o calendario electoral co fin de que teñades presentes todas as datas relevantes para o proceso.

Recordarvos que este ano hai que renovar dous representantes dos pais/nais ou titores legais do alumnado e substituír por un ano a un membro que xa non está dispoñible.

É conveniente que os candidatos (posibles membros) se preocupen polo funcionamento do centro, aportando as súas ideas para melloralo.

Calquera pai, nai ou titor/a legal do alumnado do centro que figure no censo pode presentarse para, de ser elixidos, formar parte do Consello Escolar.

É necesario ter en conta que os pais/nais ou titores legais do alumnado que forman parte do Consello Escolar son os seus representantes no centro.

Non dubiden en contactar co centro educativo para resolver calquera cuestión que lles poida xurdir.

 

AnexoTamaño
presentación_candidaturas.pdf178.02 KB
Calendario actuacións eleccións consello escolar 2021-22.pdf111.3 KB


page | by Dr. Radut