Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Relixión

Ola a todas e a todos,

 Espero que vos atopedes ben e tamén as vosas familias.

 Ánimo que todo vai saír ben!

    Desde a área de Relixión propoñémosvos unhas actividades voluntarias para repasar cousas que xa vimos e aprender cousas novas dunha maneira lúdica (fichas de cada nivel).

 Ademais, deixámosvos unha lista de recomendacións de películas para desfrutar do cine en familia e seguir traballando os valores que tratamos na clase:

 Robots. A empatía é o primeiro paso para poder axudar aos demais.

Colegas en el bosque. Cando traballamos unidos por un mesmo obxectivo conseguimos resultados sorprendentes.

El emperador y sus locuras. Para superar un medo temos que confiar nas persoas que nos ofrecen a súa axuda. Tamén nós podemos axudar aos demais a superar os seus temores.

Chicken Little. Afrontar a vida con optimismo axuda a superar as dificultades e xerar alegría aos nosos ao redor.

Buscando a Nemo. O amor incondicional preocúpase polo benestar do outro sen esperar nada a cambio.

Los Croods. O valor da familia e a posibilidade de facer as cousas dun modo diferente, de atreverse a cambiar e de conquistar os nosos medos.

La vida de Pi. Unha aventura extraordinaria. O mozo Pi Patel pasa a súa vida en busca de respostas a través da relixión para aprender a lidar coas adversidades da vida.

Campeones. A diversidade enriquece. Todos somos iguais.

El niño que domó el viento. O valor da educación.

 Fai un debuxo sobre a que vexades e escribe que che pareceu!



story | by Dr. Radut