Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro de 1960, as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) foron asasinadas na República Dominicana pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo.

Dende esa data,todos os 25 de novembro denúnciase a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e, reclámanse políticas en tódolos países para a súa erradicación.

(PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS)

Esta maña a comunidade educativa do cole de Maceda, fixemos unha sentada na sala de usos múltiples para apoiar esta causa e concienciarnos da necesidade de coeducar.

A o mesmo tempo que escoitábamos a melodía "Déjala que baile" (colaboración musical de Melendi, Arkano e Alejandro Sanz). 

A idea era reproducir o símbolo feminino  e o lema "NON É NON", colocándose a comunidade educativa sobre a figura do mesmo no patio escolar,pero as condicións climatolóxicas non o permitiron.



blog | by Dr. Radut