Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

24 DE OUTUBRO, "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

O día 24 de outubro conmemórase o "Día Internacional das Bibliotecas". Elixiuse esta data porque o 24 de outubro de 1992 a Biblioteca de Saraxevo sufriu un devastador incendio durante o conflito dos Balcáns. Dende entón, a Asociación Española de Amigos do Libro infantil e xuvenil adxudicou este día para conmemorar o "Día da Biblioteca".

A biblioteca do cole quere aproveitar esta data para presentar a súa mascota, CASTELIX. A nosa mascota convidou a todo o alumnado e profesorado do centro a visitar o seu photocall e a coñecer a súa historia, que iremos plasmando nunha banda deseñada moi senlleira.  

Queredes ver como foi a xornada con Castelix? Ollade o seguinte vídeo, ademais, se queredes ver con detalle cada momento do photocall,premede no enlace que aparece debaixo da fiestra do vídeo.

 https://photos.app.goo.gl/mhUGUVQx46BiPSf79



blog | by Dr. Radut