Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

FALANDO DE SOLIDARIDADE

Como cada ano, o CEIP Padre Crespo, de Xunqueira de Ambia, celebra o seu CERTAME DE DEBUXO, CONTO E RELATO (en memoria de Celtia e Eva) "Falando de Solidaridade".

Nesta convocatoria a temática versaba sobre "As mestras e os mestres: unha historia de vocación solidaria".

Deste xeito o alumnado participante puxo en valor a labor de tantas e tantos mestras e mestres que ao longo dos tempos primaron a vocación para levar a cabo a súa tarefa educativa. Moitas veces nunhas pésimas condicións, sen medios, nun entorno rural alonxado, sen comunicación nin comodidades, pasando calamidades e fame, como nos di o refraneiro popular, ou desgraciadamente, sendo perseguidos ou incluso entregando as súas vida por cuestións ideolóxicas.

Así de ben lles quedaron os debuxos aos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil que participaron.

Se premedes na imaxe podedes desfrutar das fotografías daquela tarde que compartimos, agradecendo asemade aos organizadores/as a merenda á que nos convidaron e a actuación da Musicleta que amenizou a tarde e fixo que os cativos/as e máis maiores o pasaramos en grande.

 



blog | by Dr. Radut