Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

FEDELLANDO CO VENTO

Como anticipo ao que será o Entroido do Cole de Maceda...non deixedes de botarlle unha ollada ao seguinte vídeo 

A profe Isa está feita unha poeta, elaborou o seguinte poemiña vendo as cabriolas de Martín co diábolo. Temos o pracer de compartilo con vós:

Un reloxo de area 
que fai mil xiros 
a través dun sendeiro 
feito de fío.

Alza o vo cara o ceo, 
xoga co vento, 
se a verea se tensa. 
Breve momento.

E por arte de maxia, 
lixeiro toque,
pola corda gabea, 
birlibirloque.

Cando a man que dirixe
deterse manda
garda as voltas que quedan 
para outra tanda.

E nun soño profundo 

agarda mentres

outra man que ao vaivén

de volta o leve.



blog | by Dr. Radut