Este xoves Os Bolechas enviaron a un doutor, moi singular, para ensinarnos que os aparellos eléctricos e electrónicos tiñan outros usos cando xa non "funcionan". Botádelle un ollo a o seguinte vídeo.
Este venres celebramos o"Día da Árbore"no cole. Prantamos un vidueiro co axuda de Pepe, o conserxe. Un grupo de nenos e nenas de 5º de Primaria leron un manifesto para conmemorar este día.
Con motivo da celebración da conmemoración da SEMANA DA PRENSA, os nenos e nenas de 4 anos de Educación Infantil converteronse en auténticos reporteiros. Para elo e como expertos piratas conseguiron crear o seu propio xornal e, como queda máis claro, eles e elas mesmas explícannos no seguinte vídeo todas as actividades que fixeron ao longo destes días.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria quixeron render unha homenaxe a súas avoas, e así tamén, por en valor o traballo da muller na nosa sociedade e contribuir a consecución real da igualdade de oportunidades en todos os ámbitos. Ollade o producto final do seu traballo, que se detalla a continuación deste vídeo.
O pasado venres, 1 de marzo, o nenos e nenas xunto cos seus mestres e mestras compartiron coa xente da vila de Maceda a maxia do circo. Leóns, mestras de ceremonia, paiasos, mulleres barbudas, arlequíns, maiorettes, elefantes, magos e mimos fixéronnos voltar aos tempos da nenez. Ademais de contar con numeroso grupo de "Felos" que abrían este desfile. Non vos perdades a reportaxe fotográfica.