AS FAMILIAS DE PRIMARIA
TAMÉN XOGAN
O pasado 31 de maio, na biblioteca do centro, tivo lugar un novo
obradoiro para as familias. Nesta ocasión tocoulle ás familias
do noso alumnado de Primaria.
A temática deste obradoiro era a importancia do xogo nas nosas
crianzas de 6 a 12 anos.
O obradoiro foi impartido por Chafaris e as familias que
asistiron desfrutaron dunha marabillosa tarde de xogos en
compaña dos seus fillos ademais de aprender que os xogos
permítennos áfianzar os coñecementos aprendidos, respectar as
quendas,tolerar a fustración, fortalecer as funcións cognitivas do
cerebro...entre moitísimas cousas máis.
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS
POLA SÚA PARTICIPACIÓN!!!!