Os nenos de 4ºA crearon contos durante o segundo trimestre.
Premede nos seguintes títulos para poder escoitalos.
QUE MARABILLOSOS ESCRITORES TEMOS NO
NOSO COLEXIO!!
Os nenos de 4ºA crearon contos durante o segundo trimestre.
Premede nos seguintes títulos para poder escoitalos.
QUE MARABILLOSOS ESCRITORES TEMOS NO
NOSO COLEXIO!!
A nosa alumana de 6º de Educación Primaria, Sabela García Santos, gañou por terceiro ano consecutivo, o premio da modalidade infantil do IV certame de relato breve A Erbeda.
O conto, titulado "A nosa terra", narra a viaxe de descuberta de Galicia a través dos ollos dunha cativa de cuarto de primaria.
Parabéns Sabela.
Para poder acceder a toda a información premede na seguinte ligazón:
CONTAMOS UN CONTO
Dende o equipo de biblioteca convidamos ás familias (nai, pai,
irmáns, avós,tíos...) do alumnado do noso centro a participar na
actividade: " Contamos un conto".
A actividade consiste en inventar un conto relacionado co
PDI do centro: Castelao: " A escola é boa"
O conto ou o cómic ten que estar escrito en lingua galega.
Máximo dúas follas.
Para calquera dúbida poden chamar ao centro ou escribir un email a seguinte dirección:
biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Aquí vos deixamos as recomendacións de lecturas
para este Nadal cos mellores desexos de Paz e
Felicidade.
Premede na imaxe para poder velas.
MOCHILAS VIAXEIRAS
PREPARADAS!!
Un curso máis o alumnado do cole está a participar na
actividade das mochilas viaxeiras.
Esta mochila é unha invitación a desfrutar dos libros, revistas... en
compañía, compartindo coa familia os sentimentos e as
sensacións que producen as lecturas propostas. E como novidade
este ano en cada mochila vai un xogo de mesa.
Cada neno/a terá durante 7 días a mochila na súa casa.
Se queredes ver o contido de cada mochila pinchade na seguinte
BOAS LECTURAS, FAMILIAS!!
MALETA VIAXEIRA
Esta semana chegounos ao colexio unha nova maleta
viaxeira. Esta vez o seu contido está relacionado co
mundo das ciencias.
O alumnado pode desfrutar dela durante un mes.
A OCA DO CAMIÑO INGLÉS
O mércores 15 e o xoves 16 o alumnado de 3º e 4º de Primaria
tiveron a oportunidade de xogar ao Xogo da Oca do Camiño
Inglés que pretende sensibilizar e difundir os valores desta ruta
de peregrinación.
ADEMAIS DE APRENDER
MOITAS COUSAS
SOBRE O CAMIÑO INGLÉS
PASÁMOLO MOI BEN!!
SUSANA PEIX
O xoves 2 de novembro o alumnado de 3º de primaria
tivo unha visita moi especial:a ilustradora Susana
Peix.
Susana contoulles tres contos: O rei medoreto,o
mellor gato da vila e un elefante no deserto
africano.
Ademais de contar contos explicoulles en que consistía o
seu traballo.
MOITÍSIMAS GRAZAS SUSANA
POLA TÚA VISITA
PASÁMOLO MOI BEN
Tamén lle queremos dar as grazas a Editorial Cumio por
agasallar a nosa biblio cos seguintes contos:
SAMAÍN
Achégate á biblioteca e poderás coñecer as recomendacións
lectoras que Botalerias preparou para estas datas.
Ademais das propostas que xa había na biblioteca tamén
chegaron NOVIDADES terroríficas que dan moito medo pero
que tamén gustan moito. Son as seguintes:
NON AGARDES MÁIS E VENTE BOTARLLE UN OLLO!!!!
QUE CONTO CONTAMOS?
Hoxe tivemos unha visita moi especial na biblioteca. Visitounos
Paula Carballeira, e puidemos desfrutar de historias de aquí,
que nos encantaron tanto a pequen@s como a grandes. Contos
para coller coas mans, meter na cabeza e levar no corazón. Contos
para poder rir, aplaudir, cantar, chorar, ouvear, volver a rir...contos
para pasalo xenial.
Esta actividade está dentro do programa Lectura e familias
da asesoría de biliotecas escolares de Galicia.
MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA!!!