divertido

SAMAÍN

SAMAÍN

Achégate  á  biblioteca  e  poderás coñecer as  recomendacións

lectoras  que  Botalerias  preparou  para  estas datas. 

 

Ademais  das  propostas  que  xa  había  na  biblioteca  tamén 

chegaron NOVIDADES terroríficas  que  dan  moito  medo  pero 

que  tamén  gustan  moito. Son as  seguintes:

 

                    

       

                       

        

                                  

                

                                           

 

   NON AGARDES MÁIS  VENTE  BOTARLLE UN  OLLO!!!!

 

 

TARDE DE XOGO NA BIBLIOTECA!!!

TARDE  DE XOGO NA BILIOTECA!!

Durante este  curso  escolar  o  centro  está

desenvolvendo o  programa   "Familias  e lectura"  e 

hoxe, na  nosa  biblioteca,tivemos o  primeiro

obradoiro para  as  familias do  noso  alumando  de 

Educación Infantil. A  temática  deste  obradoiro  era 

importancia do  xogo  nas  nosas  crianzas. O 

obradoiro foi impartido por Chafaris e as  familias 

que  asistiron desfrutaron  dunha  marabillosa  tarde 

de  xogos na compaña  dos  seus fillos ademais de

aprender  que  os xogos permítennos áfianzar os

coñecementos aprendidos, traballar as  habilidades

cognitivas,fortalecer as funcións cognitivas do

cerebro, respectar e valorar ao adversario...entre 

moitas  outras cousas.

 

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS  AS  FAMILIAS

POLA  VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

 

CONTACONTOS

OS LUNARES DE RENATA

 

O alumnado de 2º de Primaria rematou a xornada do

venres 17 de marzo participando nun obradoiro de

animación á lectura.

Este obradoiro foi levado a cabo por Vicky, unha contacontos

que ven en representación da editorial Santillana, para

traballar sobre o libro: Os lunares de Renata.

 Foi un éxito, xa que foi moi participativo, sendo os propios

alumnos os protagonistas de diferentes acontecementos do

libro,que tiveron que escenificar e dramatizar.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA ACTIVIDADE!!

PASÁMOLO MOI MOI MOI BEN!!

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO

DÍA  DAS BIBLIOTECAS

Por  fin  chegou  o gran día  en  que  a casa  de  Botalerias  abre  de   novo  as  súas  portas para  recibir  aos nenos  e  nenas  que  están  ansiosos por  ler  moitos  libros.

Despois  de  dous  anos, volven  os  emprésitos  no  recreo  para  o  alumnado  de  Primaria  e  ademais  Botalerias  conta  cuns  axudantes  de  luxo  que  axudan  ao  profesorado  durante a  garda de  recreo  (alumnado  de  sexto  de  Primaria).

Durante  esta  semana  do  24  ao  28  de  outubro  o  alumnado  do  centro  acudiu  a  formación  de  usuarios. Onde  se  lle  explicaron  as  normas  para  poder  gozar  do  biblioteca  e  tamén  como está  organizada a catalogación  dos libros.

O  alumnado  foi  agasallado  cunha  chapa  da  mascota  da  Biblioteca e o marcapáxinas  gañador  do  seu  curso.