OS NOSOS CONTOS
Ao longo desta semana,o alumnado,que participou no concurso de
contos amenizaron a hora de ler contando historias que eles mesmos,
indiviualmente ou en grupo,crearon.
Cada día ían a unha títoría diferente e así todo o alumnado
de primaria puideron escoitar estas marabillosas historias.
E o venres,na hora do recreo,chegou a gran SORPRESA... Estreando a
nova megafonía do centro, os autores dos contos
gañadores foron chamados a biblioteca para facerlles entrega do
seu premio por parte da directora do centro.
![](/centros/ceipcastelaoordes/system/files/u43/Copia%20de%20CONTOS%20%20NA%20%20BIBLIOTECA_3.jpg)
![](/centros/ceipcastelaoordes/system/files/u43/WhatsApp%20Image%202023-03-12%20at%2016.41.00.jpeg)
O alumnado premiado polo mellor conto foi agasallado cun conto.
Pero Botalerias tamén quixo agasallar ás titorias con maior participación
no concurso cun xogo para a aula.
Premede na imaxe e poderedes ver un pequeno resumen da actividade.
![](/centros/ceipcastelaoordes/system/files/u43/IMG-20230312-WA0010.jpg)
PARABÉNS
PARA TODOS OS QUE PARTICIPARON
E PARA
OS PREMIADOS!!!!