creatividade

O NOSO CADERNO DE RECEITAS

AS NOSAS RECEITAS

O alumnado  de  2º de Primaria durante o primeiro trimestre estiveron

investigando sobre o funcionamento do noso corpo. 

Tamén aprenderon hábitos para  o  seu correcto funcionamento e así poder

manternos sans.

Para  rematar  esta  investigación, o alumnado ca  axuda  das súas familias

crearon unha recopilación de receitas.

O obxectivo de todo este traballo ademais de aprender  é participar no  plan

Proxecta: ALIMÉNTATE BEN. Que está sendo levado a  cabo durante este

curso escolar.

Se queredes botarlle  un ollo  a  este  recetario podedes atopalo na  bilioteca 

do  centro coa reseña:  4G VAR nos (etiqueta branca)

Nel podedes atopar unha gran variedade de receitas nas que  as froitas e  as verduras 

son  as gran protagonistas.

CONCURSO DE CONTOS

OS NOSOS CONTOS

Ao longo desta semana,o alumnado,que participou no concurso de

contos amenizaron a hora de ler contando historias que eles mesmos,

indiviualmente ou en grupo,crearon.

Cada día ían a unha títoría diferente e así todo o alumnado

de primaria puideron escoitar estas marabillosas  historias. 

E o venres,na hora do recreo,chegou a gran SORPRESA... Estreando a

nova megafonía do centro, os autores dos contos

gañadores foron chamados a biblioteca para facerlles entrega do

seu premio por parte da directora do centro.

 

 

O alumnado premiado polo mellor  conto foi agasallado  cun  conto.

Pero Botalerias tamén quixo agasallar ás titorias con  maior participación

no  concurso cun xogo para a aula.

Premede  na imaxe e poderedes ver un pequeno resumen da actividade.

 

 

 PARABÉNS

PARA TODOS OS QUE PARTICIPARON 

E PARA

OS PREMIADOS!!!!

CONCURSO DE CONTOS

CONCURSO  DE CONTOS

 

Deixa  voar  a túa  imaxinación e  participa  no 

concurso.  Agardamos  o  teu  conto!!!!