ALIMÉNTATE BEN!
Os alumnos de 1ºde Primaria na materia de
ciencias naturais e relacionado co proxecto
aliméntate ben, estiveron traballando como
coidar o noso corpo, e foi así como descubriron
que para ter unha saúde de ferro temos que
alimentarnos ben.
Foi entón cando decidiron sacar aos artistas que
teñen dentro e, coa axuda das familias, sacarse
unha foto e pensar nun slogan con letras de
periódico, e en plástica, crearon un marco para a
súa foto relacionado coa boa alimentación.
Ademais, aproveitaron para participar na horta
do cole, feito que lles serviu para aprender máis
sobre os seres vivos, a natureza e as plantas.
Aquí tedes un vídeo no que podedes admirar o seu
super traballo e todo o que aprenderon!
Premede na seguinte imaxe para poder velo.
ESPECTACULAR TRABALLO!!