XOGOS DE OUTONO

XOGOS  DE  OUTONO

4  de  novembro celebramos  a festa do  magosto  no  colexio.

O  alumnado  do  1º  ciclo  de Primaria  desfrutou  dunha  xornada  de xogos  tradicionais: "Quen  perde  a  cadeira"," Tiro  a  corda", "Afina  a  puntería" e a "A  castaña por  atrás  tris  tras".

Tamén  houbo  tempo  para  os  xogos  de  mesa  ca  temática  do  outono: dominó, tabú, lince, memori e  xogos  de  comprensión lectora.

Ao  longo  da  mañá, houbo   un  oco  para  facer  un  experimento  de  mesturas  e  tamén  para  posar no  Photocall  outonal  cos  nosos  refráns  e  cantigas  favoritas  que  recopilaron  coas  súas  familias.

E  nesta  xornada  de  tanta  diversión  non  podía  faltar a  degustación  de  castañas  que  nos  preparou  o  castañeiro  Benito. Estaban  riquísimas!!!

Se  premedes  aquí  podedes  ver  un  pequeno  resumen  desta  xornada.

 

 

PASÁMOLO  XENIAL!!!