NOVEMBRO 2022

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N CONTRA  A  VIOLENCIA  DE  XÉNERO

 

O  25  de novembro  commemórase o Día  Internacional   contra  a  Violencia  de  Xénero.

Dende  EDLG  e  EACE  convidouse as  diferentes  titorias  a  realizar  diferentes  actividades e  dende  a  biblioteca  queremos  colaborar  na  abordaxe  a  violencia  de  xénero  coa  visualización do  vídeo  Mis Noes cuentan de @mansdeouro  e de  @tu_compi_de_sociales

Premede  no debuxo  para poder ver  o  vídeo.

    

 

Ademais  se  lle  botades  un  ollo  ás contas  destas  dúas  mestras  podedes  atopar  máis  material  para  traballar  o vídeo.

 

Tamén  a  ANPA  CEIP  CASTELAO participou  nesta  conmemoración  agasallando  a  cada  neno/a  dous  globos (negro  e morado)  como  acto simbólicde  rexeitamento   contra  a  violencia  de  xénero.

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

MES  DA  CIENCIA  EN  GALEGO

 

    Arranca  o mes  de  novembro, adicado  á

   ciencia  en  galego,e  nós  xa  temos  lista  a

   nosa escolma de  libros  suxeridos  para  o

   alumnado. Ademais  dos  da exposición,

   poderedes  atopar moitos  máis  nos  andeis 

   da  biblioteca.

 

 

 

   E  ti?  Xa  pasaches  a  botar  un  ollo?  Anímate!

 

 

 

 

 

XOGOS DE OUTONO

XOGOS  DE  OUTONO

4  de  novembro celebramos  a festa do  magosto  no  colexio.

O  alumnado  do  1º  ciclo  de Primaria  desfrutou  dunha  xornada  de xogos  tradicionais: "Quen  perde  a  cadeira"," Tiro  a  corda", "Afina  a  puntería" e a "A  castaña por  atrás  tris  tras".

Tamén  houbo  tempo  para  os  xogos  de  mesa  ca  temática  do  outono: dominó, tabú, lince, memori e  xogos  de  comprensión lectora.

Ao  longo  da  mañá, houbo   un  oco  para  facer  un  experimento  de  mesturas  e  tamén  para  posar no  Photocall  outonal  cos  nosos  refráns  e  cantigas  favoritas  que  recopilaron  coas  súas  familias.

E  nesta  xornada  de  tanta  diversión  non  podía  faltar a  degustación  de  castañas  que  nos  preparou  o  castañeiro  Benito. Estaban  riquísimas!!!

Se  premedes  aquí  podedes  ver  un  pequeno  resumen  desta  xornada.

 

 

PASÁMOLO  XENIAL!!!