CURSO 3ºA 3ºB
BENVIDA AO CURSO 2021/ 2022. PRESENTACIÓN REUNIÓN COAS FAMILIAS
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 18/09/2021 - 15:55Chexs de ilusión e coa esperanza de ter un ano tranquilo a todos os niveis pero en especial pola situación epidemiolóxica, iniciamos este novo curso co alumnado que este ano inician 4º de E. Primaria.
O pasado martes, 14 de setembro, tivemos a xuntanza de inicio de curso. Aquí vos deixamos a presentación dixital da reunión.
FIN DE CURSO
Enviado por Amalia Omil o Dom, 27/06/2021 - 23:07O ÚLTIMO DÍA DO CURSO CHEGOU CHEO DE SORPRESAS:
- CHARLA DIVERTIDA DE RAMÓN SOBRE OS PETROGRIFLOS DA CONTORNA
- ENTREGA DE AGASALLOS DO AMIGO INVISIBLE
- RECOLLIDA DUNHA MOCHILA CHEA DE AGASALLOS
- FESTA DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º
- ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO: QUE SABES DE XELA ARIAS?
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería das imaxes deste día.
FELIZ VERÁN!
LEITUGAS! LISTAS PARA PAPAR!
Enviado por Amalia Omil o Dom, 27/06/2021 - 21:27Primeiro sementamos, despois transplantamos e agora .... preparadas para comer!
O QUE O MAR NON QUERE: VISITA AO MUSEO MASSÓ
Enviado por Amalia Omil o Dom, 20/06/2021 - 13:32O pasado venres, 18 de xuño, o alumnado de terceiro fomos ao museo Massó da nosa vila. Alí, ademais de visitar as súas instalacións, realizamos un obradoiro chamado O QUE O MAR NON QUERE, co fin de concienciarnos da importancia de non tirar lixo ao mar. Lucía, a nosa guía, foi amosándonos o tempo que tardaban os materiais en desfacerse, dende un simple papel de xornal, ata unha lata de refresco, unha bolsa de plástico, uns cueiros, unha pila ou unha botella de cristal., sen esquecernos das máscaras, tan actuais pola COVID.
Chamounos a atención que sexa o vídreo o material que máis tarda en desintegrarse, que as pilas sexan tan altamente contaminantes, e que os plásticos se terminen convertendo en microplásticos que os peixes consumen e polo tantos os humanos tamén.
Lucía volveunos falar da importancia das tres R (Redución, reutilización e reciclaxe) para salvar os océanos e a Terra en xeral.
Tiñamos pensado remater o día na prais da Banda do Río, pero a chuvia non o permitiu. Si que puidemos merendar na alameda e xogar un pouquiño alí.
No seguinte vídeo amosamos as imaxes deste día:
ANDAINA POLA RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO FRADE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 16/06/2021 - 21:28O curso chega ao seu fin. A pesar de todas as restriccións que a pandemia da COVID 19 obrigounos a adoptar, o alumnado e profesorado negámonos a non facer ningunha excursión.
Así que, este mércores, 16 de xuño, as aulas de terceiro pecharon as súas portas e marchamos cara ao río Frade, para camiñar á beira da infinidade de muíños que hai ata a aldea de Meiro.
Esta camiñata non a poderiamos levar a cabo sen a guía de MARTÍN CALVIÑO, que non só coñecía perfectamente o camiño, senón que nos días previos dedicouse a limpar e sacar atrancos para que os 48 nenos e nenas que formamos parte deste nivel de primaria, puideramos camiñar sen imprevistos.
Tamén queremos agradecer a axuda de PATRI TORRES, mestra que o ano pasado fixo prácticas no noso cole, e que colaborou co profesorado facendo a ruta máis doada.
Neste vídeo poderedes desfrutar vendo o ben que o pasamos e ...
BEN MERECIDO QUE O TIÑAMOS DESPOIS DUN CURSO
MOI, MOI DURO!
CONCERTO EXTRA! PACO NOGUEIRAS E MARC TAEGER
Enviado por Amalia Omil o Mér, 16/06/2021 - 19:47Este fin de curso está resultando superdivertido. O martes, 15 e o mércores E 16 puidemos desfrutar do concerto EXTRA, con Paco Nogueiras e o noso querido y admirado veciño MARC TAEGER, como ilustrador, en directo.
O concerto, é a actividade que a editorial Kalandraka, ofreceu aos centros subscritos ás súas publicacións, e que este ano por mor da pandemia nonpuido ser presencial. Foi emitido polo canal KALANDRAKA TV.
Mirade que ben o pasamos!
OS BARQUIÑOS DE CÁSCARA DE NOZ
Enviado por Amalia Omil o Mér, 16/06/2021 - 19:33O pasado 8 de marzo conmemorouse O DÍA DOS OCÉANOS. O alumnado de terceiro non quixemos pasar por alto, un día tan importante, e lembrar que debemos coidalos e concienciarnos que debemos mentelos limpos.
A asociación ecoloxista MAR AMIGO, mandounos unha proposta de actividade para lembrar este día. Consistía en facer unha barquiños de cáscara de noz., que levamos moi contentxs para as nosas casas. Mirade que chulos quedaron.
VISITA DO HISTORIADOR E MESTRE, ARTURO: AS LENDAS DE BUEU
Enviado por Amalia Omil o Dom, 06/06/2021 - 16:05O pasado martes, o alumnado de terceiro tivemos a sorte de recibir a visita de Arturo Sámchez Cidrás. Cando era mestre no noso cole, fixo co seu alumnado un traballo de investigación sobre as lendas de Bueu, que quedaron recollidas na revista o Candil.
Este proxecto serviulle a Arturo como punto de partida para facer as súas propias pesquisas e converterse en un auténtico erudito do tema.
Como bo mestre, foi capaz de espertar a nosa curiosidade e manter a nosa atención ao falarnos de lendas tan abraiantes como o da COVA DA LONTRA, A ROCHA FENDIDA, AS TRES COVAS DO LIBOREIRO, A FONTE DOS TRONOS, A MOURA, O BURATO DO INFERNO, O CALAMAR XIGANTE, O PASTOR E A SERPE, ...
Arturo é un auténtico historiador, especializado en todosos temas que teñen que ver coa nosa vila. Se queredes saber máis sobre este tema ou sobre calquera outro que estea relacionado co Bueu clicade na seguinte imaxe;
MOITÍSIMAS GRAZAS!
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN 3º B
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 29/05/2021 - 21:01O alumnado de terceiro B estivemos im¡nmersos nun proxecto sobre animais durante este terceiro trimestre do curso.
Gustounos moitísimo todo pero o que máis nos ilusionou foi facer presentacións dixitais, tipo power point, cos traballos de investigación que fixemos sobre animais en perigo de extinción.
A continuación podedes ver as presentacións que quedan incluídas dentro do proxecto de ODS.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »