Complementarias

Tempo de Castañas e Xogos Populares no Insua

CartazENDL_Magosto_Insua_Bermudez2018

Co gallo da celebración do Magosto 2018, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo xoves 15 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL.

Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:

-   Traer do luns 12 ao mércores 14: unha presiña de castañas adentadas nunha bolsiña e deixalas nas caixas que estarán na entrada do cole.

-    Disfrazarse á maneira tradicional o xoves 15, suxerimos camisa de cadros, chaleco, pantalóns de pana, saia longa, mandil, pano na cabeza...

O xoves 15 de novembro de 2018 probaremos no recreo as castañas asadas e uns boliños preñados,  ao rematar haberá un circuíto de xogos populares.

Na web, na conta de Facebook e no Twitter do centro subirase; o cartaz, a nota, as Micronovas TV e o filme da reportaxe fotográfica.

Grazas pola vosa colaboración. 

  

APROXÍMASE O SAMAÍN AO INSUA BERMÚDEZ

 

Cartaz_Insua_Bermudez

            Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades.

            Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase.

            O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor.

 Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro.

SUPERCONCERTO DE PABLO DÍAZ NO INSUA BERMÚDEZ

Cartaz concerto Pablo Díaz Insua Bermúdez endl biblioteca

OBRA DE TEATRO "A MALLA" de Lucho Penabade

 

Presentamosvos a obra de teatro, escrita por Lucho Penabade " A Malla".

Dirixe María Guerrero e interpreta alumnado de sexto curso de Primaria.

Trata dunha divertida historia que ocorre nunha aldea chamada A Seara, onde unha parella de vellos, un maquinista e un rapáz  tentan botar os ratos que invaden a aldea.

Na Seara hai espectáculos, onde os trobadores cantan cos veciños. Hai animais de cartón que substitúen aos verdadeiros e son ben bonitos!.

Non podemos esquecer aos veciños sabichóns que critican e remedan a todos, pero aínda así, quéreselles. Todos cantan e bailan cancións preciosas escritas por Mero.

Ademaís dos que viven na aldea , vai vir unha raàza de fora  á que todos chaman  " a neta da casa" .

Romance, comedia, música e moito máis, pero o máis importante é a intriga: conseguirán a vecioñanza botar aos ratos fóra ?

Se queredes saber máis podedes ver esta obra musicada a partires do libro de Xermolos, Pan, escritas por Mero.    

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

ENTROIDO ARTÍSTICO NO INSUA BERMÚDEZ

CartazEntroidoENDLInsuaBermudez

 

 ORDES DO MECO DO ENTROIDO ARTÍSTICO 2018 NO INSUA BERMÚDEZ

Montaje creado Bloggif

Chega o Nadal ao Insua Bermúdez

Lembrade que o xoves 21-12-2018, o derradeiro día lectivo do ano, o alumnado poderá vir disfrazado coa temática de nadal. Apalpador/a, Papá/Mamá Noel, rei Mago, Boneco/a de neve, Pastorciño/a...

Bo Nadal e Boas Festas de parte de toda a Comunidade do CEIP Antonio Insua Bermúdez!  Divertídevos, compartide, disfrutade da comida e bebida con moderación, practicade ahábitos saudables e facede algo de exercicio.  

 

Subscribídevos ás canles de Youtube, Facebook e Twitter e non deixedes de visitar a nosa Web, Galería de Imaxes e a Aula Virtual.

CartazNadal17_18_Insua_Bermudez_ENDL_ANPA_EXTRAESCOLARES

O MARTES 5 CELEBRAMOS DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Imos celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE o próximo martes 5 de decembro de 2017. No patio do CEIP Antonio Insua Bermúdez xuntarémonos co alumnado do CEIP de Román, do CEIP Mato Vizoso, da EEI Vilalba e co Centro Ocupacional de Vilalba.

Interpretaremos unha fermosa e otimista canción do grupo Guadi Galego:" Chea de Vida". Non vos perdades as Micronovas, o Cartaz e os videos, tanto os didacticos da canción coma os do acto grupal intercentros .

NOVA EDICIÓN DAS MICRONOVAS PRESENTADAS POR María C. e Silvia C. 

 

 Cartaz editado para o Día Internacional das persoas Discapacitadas.

 CartazWebInsuaBermudezENDLOrientEXtraescBiblioteca17

Se queredes aprender a canción tendo de mestra ao propio Guadi galego tedes este video didáctico na presentación da canción na Universidade de Vigo.

 

 VideoClip Oficial en Youtube do grupo GUADI GALEGO

Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro)

O video do Proxecto Equaliter coordinado polo CEIP de Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín onde colaboraron numerosos centros de Lugo e da Terra Chá. Máis de 30 centros educativos elaboramos murais co paxaro de twiter onde colgábamos os nosos tuits

Cada centro enviou dúas imaxes representativas e xurdiu este fermoso video de concienciación. Parabéns compañeiras e compañeiros docentes, discentes...

A violencia de xénero é unha das máis devastadoras violacións dos dereitos humanos. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo.

A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas levan, como sinalou o Secretario Xeral,  António  Guterres, ao informar acerca da situación do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 5, referido á igualdade da muller, no marco do informe sobre os Progresos da Axenda 2030.

Algúns datos inadmisibles para tomar conciencia do alcance deste feito: a violencia contra a muller é a forma máis extrema de discriminación e, nos casos máis graves, esa violencia pode provocar a morte. Segundo datos do citado informe, referidos a 87 países e colleitados entre 2005 e 2016, o 19% das mulleres de entre 15 e 49 anos de idade dixeron que experimentaran violencia física ou sexual, ou ambas, a mans da súa parella nos 12 meses anteriores a ser preguntadas sobre este asunto. En 2012, case a metade das mulleres vítimas dun homicidio  intencional en todo o mundo foron asasinadas pola súa parella ou un familiar, en comparación co 6% dos homes.

Outro caso extremo de violencia é a ablación. Desde o ano 2000, a práctica tradicional nociva da  mutilación feminina diminuíu nun 24%. Con todo, a prevalencia segue sendo elevada nalgúns dos 30 países que dispoñen de datos representativos, e nos que, segundo datos de enquisas realizadas ao redor de 2015, máis de 1 de cada 3 nenas de idades comprendidas entre os 15 e os 19 anos sufriran esa práctica, en comparación con case 1 de cada 2 nenas ao redor de 2000.

Ademais, apenas a metade das mulleres de entre 15 e 49 anos (un 52%) que están casadas ou viven en parella toman as súas propias decisións en materia de relacións sexuais consentidas, usan anticonceptivos e acoden aos servizos de saúde. Esa estatística baséase en datos dispoñibles ao redor de 2012 sobre 45 países, 43 deles de rexións en desenvolvemento.

Así mesmo, a violencia contra a muller se  exacerba nos conflitos armados. En cambio, a igualdade de xénero axuda a evitar conflitos, a pesar do cal as medidas en  pos dunha maior inclusión, liderado e protección das mulleres nas tarefas da consolidación da paz seguen sendo insuficientes e, nalgúns lugares, mesmo se produciron retrocesos neste sentido, segundo un recente artigo de  Onu-Mulleres, a axencia das Nacións Unidas defensora de mulleres e nenas.

Tomado e traducido directamente de http://www.un.org/es/events/endviolenceday/.

Cartaz 25 nov NON VIOLENCIA INSUA BERMUDEZ VILALBA ENDL ORIENTACIÓN

Cartaz deseñado polo equipo ENDL e TIC do cole

 

VI CATA DE SOBREMESAS DO OUTONO

  •  Os      equipos       de  Actividades     Extraescolares,  Normalización  Lingüística   e      Biblioteca    organizarán     a  VI Cata de Sobremesas de Outono  o luns, 13 de novembro do 2017. Ante a gran cantidade de doces, cada ano será unha aula de cada nivel a encargada de traelos, este ano en Primaria traerán doces de outono o alumnado que está nos grupos B. En Infantil poderán traelo todos aqueles nenos/as que o desexen.
  •   Bases:
    •  1.- Os participantes deberán: 1.-  ELABORAR un Doce con FROITOS/AS DO Outono. 2.- Cubrir a Cartela e 3.- Grella da receita; TANTO en SOPORTE PAPEL coma en SOPORTE DIXITAL.
    •  2.- Escribir a Receita en Formato dixital e enviala por correo electrónico ao enderezo:ceip.antonio.insua@edu.xunta.es  Nomeade o ARQUIVO:  ( Edición Cata;NOME do DOCE;Nome Apelidos; Curso, grupo). Por exemplo: " VI Cata;BISCOITO NOCES; Sabela Quintás Moure; 3ºB"
    •  3.- Entregar na Biblioteca: 1.- Doce, 2.- Cartela, 3.- Copia en papel da receita enviada por correo electrónico
    •  4.- Prégase elaborar un DOCE de PEQUENO TAMAÑO.
    •  5.- Un doce por familia, en caso de ter varios irmáns, para non cargar con traballo aos papás.
    •  6.- Facer a presentación en BANDEXAS REFUGABLES ( desechable).
    •  7.- Se o doce é para Celíacos, indicalo aos mestres para poñelo na zona "Sobremesas Sen Glute". 
    •  8.- Pregase que veñan cortadas as racións.
    •  9.- Tódolos participantes recibirán un agasallo pola súa participación.
    •  10.- Coas receitas do correo electrónico elaboraremos a 6ª edición do Libro de Sobremesas de Outono (2017). 

Cartaz_VI_CATA_SOBREMESAS_OUTONO_MAGOSTO17_CEIP_ANTONIO_INSUA_BERMUDEZ_VILALBA

 

Montaje creado Bloggif

Distribuir contido