CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, que fai o número 66. Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobrea persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, o escritor Xosé Filgueira Val-verde, que inclúe pasatempos, cómic e un traballo sobre a súa vida e obra; unha entrevista a Mª del Mar Anllo Yáñez, que realiza as tarefas de conserxería e limpeza no noso Colexio; unha ampla reseña do XVII Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de ANPA; dúas páxinas do Departamento de Orientación do Centro; traballos de investigación sobre a contaminación e as árbores máis vellas e as máis novas; un amplo apartado destinado ás noticias do cole; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción, e a homenaxe por xubilación de dous profesores do Colexio: Senén Montero, titor de 6ºA, e Tomás Silva, de 4ºA. A revista repártese gratuítamente a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc. |
|||