Números anteriores

SAE Á LUZ A EDICIÓN Nº 61 DA REVISTA ESCOLAR A PRAVIA

 

 

 

Clica nesta ligazón para acceder á nosa biblioteca virtual e acceder á revista a toda cor ou descargala 

O venres, día 17 de decembro de 2010, o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita o número 61 da revista escolar A PRAVIA, coincidindo cos días previos á Feira do Capón  2010.
Nesta ocasión, o Prólogo sobre o capón é obra de Xulio Xiz, xornalista e mestre vilalbés que traballou en diferentes eidos: prensa escrita, radio e televisión e tamén publicou diferentes libros sobre comarcas de Lugo, forma habitualmente parte do xurado do certame Benxamin Paz organizado polo noso cole.
Na revista fanse revisións sobre o Proceso evolutivo do Capón, desde a selección ata a matanza. Os alumnos de sexto presentan unhas estatísticas interesantes sobre a produción por parroquias, a evolución interanual dos prezos por par...  interesantes datos.
Os peques do cole presentannos unhas páxinas nas que podemos ver algúns traballos que fixeron ao longo do curso. Do mesmo xeito, Os maiores , nas páxinas seguintes van facendo o mesmo. Pequenos e grandes enxeños. O país das letras, poesías varias, debuxos, historias, cómics, quebracabezas. Manual de caricatura, DÍa internacional dos dereitos da Infancia. Novas do cole, Unha Biblioteca moi dinámica. Recomendacións de libros para o Nadal, Concurso de postais de Nadal. A páxina da ANPA e Páxina de Oriantación.
A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.
Agardamos que vos guste e animámosvos a participar no seguinte número.
Distribuir contido