Como funcionamos |
|
|||
A Biblioteca e máis ca un lugar onde se almacenan libros, é un lugar máxico no que podes aprender moitísimas cousas e desfrutar mentres les todo tipo de libros: contos, poesía, teatro, ademais de enciclopedias, dicionarios e material audiovisual. Achégate e sorprenderaste!
Poden utilizar a Biblioteca escolar o alumnado, os familiares, os Mestres e calquera persoa relacionada co centro educativo. Para poder levar libros en préstamo precisas o CARNÉ DA BIBLIOTECA do CEIP Antonio Insua Bermúdez. O carné levará a túa foto e un número de socio que deberás memorizar. Se pediches o teu carné ou queres facer un novo deberás falar co teu mestre ou cos bibliotecarios.
A aula destinada á Biblioteca ocupa uns 36 m2 na planta baixa do edificio principal do colexio. Dentro do local pódense diferenciar diferentes recantos: a zona de lectura informal, con chan de vinilo; a zona de traballo en grupo, separada do resto por estanterías, onde se ubican mesas e sillas para 25 nenos/as; unha zona de xestión, catalogación e préstamo onde se asenta o equipamento informático a tal efecto; zona de ordenadores, á carón da zona de xestión para realizar busquedas en internet; zona de novidades, onde se presentan cada certo tempo as últimas incorporacións á biblioteca; Librarías por ciclos e etapas, onde se organizas todos os fondos da biblioteca por ciclos e temáticas, máis abaixo explicase o sistema de clasificación. zona de lectura para nais e pais situada no primeiro andar, ao final das escaleiras, con sillons, mesiñas e estanterias con libros e revistas especiais para eles.
En cursos anteriores comezouse coa catalogación dos fondos de forma informática utilizando a plataforma Meiga. Unha vez asignado o código, o material impreso narrativo divídese en ciclos e se lle coloca unha pegatina no lombo:
Os servizos que se ofrecen a través do Equipo da Biblioteca son os de lectura en sala, préstamo, información e orientación e actividades de fomento da lectura. En canto ao préstamo, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un libro, sempre e cando posúan o carné da biblioteca expedido polo CEIP Antonio Insua Bermúdez. Os libros prestaranse por espazo de 15 días naturais, renovables por outros 15, ata un máximo de tres. Se non se fai a entrega no tempo establecido, a nena ou neno non poderá facer uso deste servizo ata que non entregue o libro. Os carnés da biblioteca quedarán na aula a cargo do profesorado. Memoriza o teu número de usuario, facilita a xestión e autoxestión do préstamo. Podemos pedir axuda para elixir un libro. A partir do 15 de xuño non podemos levar libro, Cd, DVD ou material prestado algún da biblioteca e haberá que devolver os que se atopen prestados. Poderase negar o servizo de préstamo temporalmente a aquel alumnado que deteriora grave e reiteradamente, ou non devolva materiais prestados. Lembra que existen libros de novidades ou de consulta que non se poden prestar, pero si consultar na biblioteca. Tamén existen as mochilas viaxeiras, se non as coñeces pregunta por elas aos encargados ou profesorado. Cando devolvas o libro ou material audiovisual entrégallo á persoa encargada para que rexistre a devolución e logo colócao ti na súa estantería e andel correcto.
Non debemos esquecer o cumplimento por parte de todos dunha serie de normas para o seu mellor funcionamento:
LUNS: 1º e 2º, MARTES: 3º, MÉRCORES: 4º, XOVES: 5º e VENRES: 6º.
A Biblioteca permanecerá aberta durante a xornada lectiva de 9:30 a 14:30 horas.
A biblioteca pode convertirse en sinónimo de igualdade no acceso aos métodos audiovisuais. Isto implica unha maior motivación e unha nova disposición para enfrontarse ó reto de aprender. Así pois, algunhas das estratexias que levamos a cabo dende a biblioteca para enfrontarnos á diversidade de alumnado coa que nos atopamos no CEIP Antonio Insua Bermúdez serán as seguintes: Fanse recomendacións aos alumnos ou outros membros da comunidade educativa en función dos diferentes gustos, así como páxinas web con indicacións, etc.
No CEIP Antonio Insua Bermúdez contamos coa colaboración das familias e da ANPA para moitas das actividades que se levan a cabo na biblioteca: dende a organización de exposicións, ata a participación directa en contacontos ou tarefas bibliotecarias, a elaboración de "libros viaxeiros" (especialmente entre os máis pequenos),etc Asímesmo O Equipo de Biblioteca elaborará sinxelos boletíns recomendando libros, coincidindo co Nadal, Día do Libro e Fin de curso, nos que se incluirán reseñas para "maiores", fomentando deste xeito a lectura nas familias. Creouse un recanto específico Recanto de Nais e Pais, para nais e pais que se atopa no primeiro andar do centro, con cómodas butacas e estanterias con material específico para ler con calquera excusa. |
|||||||||||||||||||||