Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades. Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase. O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor. Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro.
|
|||||||||||||