Complementarias |
Estimadas familias, Dende as titorías do centro e en colaboración co departamento de orientación cremos necesario favorecer no noso alumnado hábitos axeitados de alimentación, potenciando o consumo de alimentos saudables. Para iso establecemos un menú de merendas nos recreos que será distinto cada día da semana, procurando que sexa variado, equilibrado e saudable. Este plan de merendas vai dirixido a todos os nenos e nenas do centro ( tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria) e precisamos da vosa colaboración para levalo a cabo. A proposta de menú sería o seguinte:
Descargade o Plan de Merendas para o recreo válido para infantil e Primaria, Imprimídeo e que os rapaces da casa o coloreen, despois pegádeo na cociña nun lugar visible.
|
|||
O CEIP Antonio Insua Bermúdez convoca o XXII Certame Literario Benjamin Paz e o Certame de Debuxo David Díaz. Invitamos a tódolos centros e discentes da comarca da Terra Chá a participar escribindo ou debuxando para conmemorar aos compañeiros Benjamín Paz e David Díaz. Deixámosvos o cartaz e as Bases da Convocatoria nesta nova; ben sexa nos enlaces ou abaixo en adxuntos.
|
|||
No Insua Bermúdez traballamos o tema do Feminismo coma igualdade entre homes e mulleres, visionamos diferentes documentais que trataban o tema, adecuados a cada nivel, e reflexionamos sobre as ideas máis representativas do tema. Elaboramos un mosaico con tódolos integrantes da comunidade educativa; alumnado, profesorado e personal non docentes, para conmemorar este día 8 de marzo en honor da Muller Traballadora. Creamos un cartaz cun lema votado entre as diferentes propostas de tódolos cursos para crear o cartaz conmemorativo. Na galería de imaxes deixámosvos outras mostras de lemas e as imaxes de tódolos participantes nesta actividade.
|
|||||
O alumnado de cuarto curso do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba ven de acadar o Premio Muralla de Redacción da Edición 20-21. Un total de 1.042 debuxos, 74 redaccións presentáronse a este certame. Os gañadores individuais: Lucía Zamora e Martín Sánchez, lévanse unha viaxe a París para tres persoas e 500 euros, e os seus titores, unha cámara de fotos. Os finalistas en DEBUXO foron: Mateo Castro-Gil, Karol Perdiguero, Pablo Ramos, Fernando Alexander León y Noa Piñeiro; e en REDACCIÓN: Aroa Fernández, Adriana Rodríguez, Mara Molezún, Jimena Vázquez y Silvia Díaz. Resultaron premiados os colexios Salesianos, de Lugo, en DEBUXO, e o noso CEIP Antonio Insua Bermúdez, de Vilalba, en redacción. Moitos parabéns ao alumnado de cuarto curso e as súas titoras. Deixámosvos varios links da nova publicada no Progreso link fallo xurado e Nova no Xornal El Progreso
Link da nova no xornal El Progreso
link album de fotos no xornal El Progreso
|
|||
PODES VER A GALERÍA DE IMAXES DO ALUMNADO AUTORIZADO NESTE ENLACE DA CÁMARA
VIDEOTITORIAL DOS CESTEIROS E CESTEIRAS DE 1º DE PRIMARIA
VIDEOTITORIAL GAITEIROS 2º DE PRIMARIA |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »