Radio patio |
O alumnado de 5º curso de Primaria visitou na Cidade de Santiago O Parlamento de Galiza coñecendo o Edificio, as funcións do Parlamento e os parlamentarios, logo viaxamos ao edificio do Goberno Autonómico, a Xunta de Galiza onde nos explicaron particularidades do edificio ata a actualidade e o traballo que alí se desenvolve, sentamos na sala do Presidente e Conselleiros e fomos repasando as funcións e presupostos de cada Cansellería. Pola tarde logo de xantar acudimos a Catedral de Santiago de Compostela, subimos aos tellados, visitamos o museo e o Pórtico da Gloria coa policromía restaurada. Un día pletóorico cheo de vivencias, experiencias e información. |
|||
A nosa ANPA na liña de promoción de divulgación actividades en torno aoHorto Escolar, deseñou unha actividade de Creación dun Hotel de Insectos para optimizar a súas vantaxes no noso horto. A mamá e tamén Bióloga, Amanda, explicou ao alumnado de 5º A e 5º B as vantaxes de atraer insectos próximos a nosa hortiña para crear un ecosistema nos que poidamos optimizar as bondades do insectos no ciclo vital das plantas. Estes alumnos transmitirán despois estes coñecementos aos seus compañeiros. |
|||
Convocatoria da vixésimo cuarta convocatoria do certame literario Benjamín Paz e Certame de Debuxo David Díaz. Presentamos por unha banda o Cartaz desta edición, inspirado no Proxecto de Centro dos Pintores e por outra banda as bases do Concurso que presenta algunha pequena modificación respecto a anos anteriores.
CARTAZ TEMÁTICO DA XXIV EDICIÓN
BASES DA CONVOCATORIA: BASES DO XXIV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO PRIMEIRA.- Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.
SEGUNDA.- Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.
TERCEIRA.- Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme ánormativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE áque concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)
CUARTA.- Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.
QUINTA.- Os traballos serán dirixidos a: CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n, 27800 Vilalba
SEXTA.- O prazo de admisión de traballos remataráás 15 HORAS DO DÍA 19 DE MAIO DE 2023.
SÉTIMA.- O Certame estará dotado cos seguintes premios: 1. MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)
2. MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
3. MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.
OITAVA.- O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.
NOVENA.- O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.
DÉCIMA.- O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño. |
|||
A ANPA agradece a colaboración de tódalas persoas participantes neste obradoiro e emplaza a colaborar en nova data o LUNS 6, ás 16:30 h . No Insua Bermúdez sumámonos á iniciativa pedagóxica de traballar un HORTO ESCOLAR. No trimestre pasado unha mamá Bióloga, especializada en Plantas, fixo uns Obradoiros sobre a Compostaxe e as Lombrices dirixidas a toda a comunidade escolar. Neste Trimestre a ANPA, e as familias coordináronse para buscar material e man de obra para comezar a crear ese HORTO ESCOLAR. Deixámosvos unha escolma de imaxes desta tarde onde mamás, papás e alumnado compartiron o nacemento do NOSO HORTO.
|
|||
O vindeiro venres 5 de novembro celebraremos o Tradicional Magosto do noso cole, para podelo levar a cabo pedimos a vosa colaboración para que cada alumno/a traia unha PRESA DE CASTAÑAS ADENTADAS, antes do venres. O venres poderemos vir caracterizados de castañeiros e castañeiras e na merenda poderemos degustar uns boliños preñados (proporcionados polo cole) e as castañas asadas. A Agrupación XOTRAMU achegaranos aos XOGOS POPULARES e TRADICIONAIS GALEGOS.
Clica na Imaxe para acceder á Galería de Imaxes do Evento
|
|||
PODES VER A GALERÍA DE IMAXES DO ALUMNADO AUTORIZADO NESTE ENLACE DA CÁMARA
VIDEOTITORIAL DOS CESTEIROS E CESTEIRAS DE 1º DE PRIMARIA
VIDEOTITORIAL GAITEIROS 2º DE PRIMARIA |
|||
|
|||
PROXECTO DE COIDADO DO MEDIOAMBIENTE PILABOT O noso centro ven de inscribirse un ano máis nunha campaña que promove o coidade e reciclaxe de material supercontaminante, "as pilas", mellor chamadas dispositivos domésticos de almacenamento de enerxía, traede tódalas pilas de calquera forma e tamaño de uso doméstico que atopedes pola casa, pedídelle aos veciños e familiares, cantas máis mellor. Ata 150 escolas de educación primaria e secundaria de toda a comunidade autónoma galega, tanto públicas como privadas, concertadas ou non concertadas, participan no Certame Pilabot. Por iso, o público obxectivo do concurso Pilabot son os mozos galegos de 6 a 16 anos. Os centros recibirán os colectores para depositar as pilas colectivamente, material promocional da campaña e caixas para que os estudantes garden as pilas que xa non usan nas súas casas. Despois levarán as pilas ao centro e depositaranse no recipiente. Os dous centros que recollan máis quilos de pilas en total e os dous que recollan máis quilos por alumno recibirán un premio pola compra de material escolar. |
|||||
|
|||
Preme en adxuntos para descargar algún impreso que precises: cartelas, modelo da grella da receita... Tódolos documentos se poden atopar en formato editable Office word 2007 e en formato pdf non editable.
|
|||||