A nosa ANPA na liña de promoción de divulgación actividades en torno aoHorto Escolar, deseñou unha actividade de Creación dun Hotel de Insectos para optimizar a súas vantaxes no noso horto. A mamá e tamén Bióloga, Amanda, explicou ao alumnado de 5º A e 5º B as vantaxes de atraer insectos próximos a nosa hortiña para crear un ecosistema nos que poidamos optimizar as bondades do insectos no ciclo vital das plantas. Estes alumnos transmitirán despois estes coñecementos aos seus compañeiros. |
|||