Complementarias |
O venres 29 de Outubro celebramos no noso cole un desfile de cabazas polo cole para que o alumnado e as familias que se achegaran o centro viran os traballos que fixeron tódolos participantes. Logo de dar unha volta polos pasillos do cole coas luces a escuras e as cabazas acendidas deixámolas na entrada do cole para goce e disfrute de tódolos asistentes. Acto seguido o Director xunto coa coordinadora de Extraescolares e Complementarias, María, fixeron entrega de diplomas de participación aos titores de tódolos cursos para tódolos artistas que crearon unha cabaza. A continuación na entrada do cole tamén se fixo pública a lista de gañadores por aula do I Concurso de Cabazas de Samaín. Un xurado formado por tódolos mestres, representantes de persoal non docente (Conserxería, Cociña) e incluso algúns alumnos votaron ás súas favoritas, horas máis tarde fixose un escrutinio e saíron elixidos como gañadores os seguintes autores/as:
Os gañadores e gañadoras ademais de recibiren o correspondente diploma acreditativo recibiron un libro agasallo da biblioteca e unha cabaza con doces para compartir cos compañeiros de aula. O resto de alumnado recibiu un pequeniño agasallo para premiar a todos e animar a participar o próximo ano con máis e aínda mellores obras. PARABENS PARA TODOS!!!! Clica na cámara para ver a galería de imaxes do desfile e entrega de premios. |
|||||||||||||||||||||
Durante a semana do 25 ao 29 de outubro celebramos no cole Ínsua Bermudez a festa Celta do fin do verán.
O programa para esta conmemoración na que colaboran os equipos de Normalización, Actividades Extraescolares e Complementarias e os diferentes equipos de ciclo do centro xunto coa inestimable colaboración de nenos e familias é a que segue:
Buscade unha cabaza. Pídelle axuda aos teus pais e facédea seguindo as instruccións do tríptico. Se tedes un pouco de creatividade poderedes crear auténticas obras mestras. Cando a traias, os teus mestres poñeranlle unha cartela co nome, apelidos e curso.
Un xurado formado por moitos expertos do terror votarán as mais terroríficas e haberá agasallos e diplomas.
Colgaremos na paxina web do centro as imaxes deste evento e aos gañadores.
Toda a semana poderemos ver a exposición das cabazas talladas do alumnado. Cada curso terá o seu expositor diante da clase. Animade ás vosas familias a vir ver as cabazas.
Venres 29 de outubro. O Gran Momento do acendido de cabazas. Antes de marchar para a casa cadaquén poderá recoller a súa obra para poñela na casa o domingo 31.
UN POUCO DE HISTORIA, O PORQUE DO SAMAÍN!
O Samain
(Samhuin) é unha festa que se celebra o Primeiro de Novembro, no que da comezo o ano celta. A festa de Samaín é, etimoloxicamente, o “fin do verán”, o comezo do inverno e da escuridade. Simbolicamente a noite de Samaín é a única noite na que os seres do Outromundo, o mundo do sidh (dominio dos deuses, heroes e defuntos) se abre ao mundo dos vivos.
Esa noite colocaban unha vela rudimentaria no interior de: caveiras dos inimigos mortos, cabazas ... colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren ós inimigos O Cristianismo Recuperou integramente esta festa converténdoa no día de Tódolos Santos, exaltación da Comunión dos Santos, é dicir, da comunidade perfecta entre os vivos e os mortos. O Halloween |
|||
Excursións de final de curso 2006/07 que realizaron os alumnos deste centro: Infantil de 4 e 5 anos: Visitaron Marcelle no mes de Xuño. Primeiro Ciclo. Visitaron a costa de Lugo e pasaron unha xornada moi agradable en Viveiro. Segundo Ciclo. Visitaron Pedrafita do Cebreiro e fixeron un tramo do camiño de Santiago a pé. As alumnas e alumnos de 5º Curso foron a A Coruña visitando a Casa das Ciencias, a Domus e a Casa dos Peixes. En 6º fixeron unha viaxe en catamarán polo río Sil. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14